Jueves, 1 de Febrero de 2024 - 11:02

O día 1 de febreiro de 2024 tivo lugar na fábrica do Sel (Muros) unha asemblea das entidades participantes na rede de espazos museísticos do Atlántico (REMA).
Nesta reunión tratouse da organización e funcionamento da rede (elección de novos cargos ou ratificación dos existentes e organigrama de funcionamento e xestión) e presentáronse propostas e ideas para desenvolver no futuro.
A esta asemblea acudiron representantes dos espazos expositivos da Rede REMA e as xerencias dos Grupos de acción local de Galicia.

