Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Baiona Mare Ludis et Natura

O proxecto "Baiona Mare Ludis et Natura" promovido pola Consellería de Pesca , Marisqueo e Actividades Marítimas do Concello de Baiona  constituiuse nun proxecto integral que coa finalidade de conquerir unha serie de equipamentos por parte do Concello cos que dar un pulo a visibilidade dos deportes náuticos da consellería de deportes do concello de Baiona e ao mesmo tempo colaborar coa Confraría de Pescadores de Baiona en tarefas de carácter medioambiental ou de estudos mariños, e realización de roteiros de sensibilización medioambiental en colaboración coa concellería de educación e de turismo do concello.
Para elo precísase unha embarcación multifuncional destinada a realización de tarefas de apoio a realización dos deportes náuticos e equipameto audiovisual (dron, cámara con obxectivo adaptado, trípode e micrófono) 

Con este material realízanse actividades de apoio loxistico de eventos propios do Concello de Baiona:

1. SEMANA AZUL: A Campaña de Fomento dos Deportes Náuticos nace no ano 2000 e vai enfocada aos alumnos de secundaria dos centros de ensino de Baiona 1º de Marzo, Cova Terreña e ISM de Panxón de Nigrán, participando máis de cen alumnos entre todos os centros. Ao cabo dos anos a actividade esténdese a escolares e non escolares de Baiona permitindo que accedan participantes doutros municipios se sobran prazas e ampliando a marxe de idade que inclúe a nenos de primaria desde os 8 anos.

2. TRAVESÍA A NADO “Vila de Baiona”: trátase dun evento adaptado en distancias e grupos de idades para que poidan participar o maior número posible de deportistas e amantes da natación en augas abertas.

3. TRÍATLON POPULAR SEMI INDOOR: reúne tres disciplinas: 500m natación + 10km en bicicleta estática + 2.5 km de carreira e con opción de participar desde a categoría sub 17 ata veteranos.

4. REGATA DE GAMELAS: Competición controlada por Xuíces Oficiais da Real Federación Galega de Remo e con embarcacións tradicionais (Gamelas) propiedade do Concello de Baiona. Celébrase sempre coincidindo coas festas da patroa da vila a principios de agosto.

5. CURSO DE PESCA DEPORTIVA INFANTIL: Curso de iniciación á pesca deportiva dirixido a nenos e nenas de 6 a 15 anos de idade.

6. TORNEO DE PESCA DEPORTIVA INFANTIL Concurso de pesca deportiva infantil dirixido a 3 grupos de idade: SUB 8, SUB 12 E SUB 16

7. CAMPUS NÁUTICOS: incluídos dentro da ampla oferta de Campus deportivos. Este tipo de campus ofrece 5 días de diversión na auga practicando os seguintes deportes: SURF, PÁDEL SURF, KAIAK, WINDSURF E #VER LIXEIRA.

OUTROS EVENTOS E COLABORACIÓNS - Campionatos de España: Sup Race, Pádel Surf, Optimist, Motos acuáticas e kaiak de mar. - Competición de Traiñeiras. - Regatas: Abanca 52 Super Series, Príncipe de Asturias… - Open de Pesca submarina Vila de Baiona. - Meeting de Vela lixeira. - Cursos de iniciación á vela. 

 

Datos xerais
Acrónimo: 
-
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
Concello de Baiona
Datos de interese: 
https://www.baiona.gal/
Perfil empresarial: 
Administración pública
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
Orde do 12 de febreiro de 2025 bases reguladoras concesión axudas proxectos FEMPA 2021-2027
Convocatoria - ano: 
2025
Data de aprobación: 
08/08/2025
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
19
Anualidades: 
2025-2026
Data fin de execución: 
31/10/2026
Ámbito de aplicación: 

O proxecto levarase a cabo no Concello de Baiona.

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
31.411,60 €
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
31.411,60 €
Total axuda pública aprobada (€): 
31.411,60 €
% Subvención: 
100%
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
21.988,12
FEMP (%): 
70%
CA (€): 
9.423,48
CA (%): 
30%
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
-
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
-
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
-
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 

- Programación de accións formativas, de concienciación e divulgación da necesidade de conservación do medio, a biodiversidade e a paisaxe na costa a traves da realización dos roteiros medioambientais cumprindo asi o obxectivo de posta en valor do patrimonio ambiental das zonas pesqueiras e acuícolas.
- Promoción e difusión das actividades nautico deportivas usando as novas tecnoloxías para poner en valor ditas actividades, incrementar a presenza das mulleres na participación das mesmas. 
- Promoción de proxectos sostibles que poñan en valor a pesca costeira artesanal a través do Convenio coa Confraría que serviá para realizar un maior coidado do medio mariño.

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 

1º Valorización do mar como fonte de desenvolvemento da actividade lúdica da cidadanía de Baiona, o uso da embarcación permitirá a Concellería de deportes garantír a seguridade das probas a realizar asi como a loxística necesaria para a súa realización o mesmo tempo o equipamento audiovisual permitirá o uso das novas tecnoloxías na divulgación das actividades náutico-deportivas.

2º Valorización do medio ambiente, a través do posibles usos de dita subministración da embarcación e o equipamento audiovisual da confraría relacionados co medio ambiente de conformidade co estipulado no convenio de colaboración. Por outra banda, a realización dos 4 roteiros permitirá o coñecemento do medio ambiente da costa Baionesa, polos nenos e nenas dos centros educativos de Baiona e pola cidadanía da vila e os turistas e visitantes creando unha conciencia medioambiental de revalorización do medio ambiente costeiro.

Principais actividades do proxecto: 

- Actividades deportivas nas que se usará a embarción e equipamento audiovisual: estas actividades recollidas na memoria deportiva e que son entre outras galego A2  e Job, o campeonato de España e galego padel surf, Regata marine Instruments, Semana Azul fomento de deportes naúticos escolares, IV Ruta Rias baixas Vela Mrciates Baiona  etc parten de un diagnostico no que reflicten o número de mulleres e de homes que participan nelas que teñen porcentaxes de participación femenina de o 60%, tratará de de incrementar a participación nas regatas de Gamelas a traves de incentivar a inscripción femenina nas mesmas.

- Colaboración coa Confraría de Pescadores la Anunciada como institución que agrupa os mariñeiros e as mariñeiras de Baiona.

- Fomentase a presenza de mulleres en actividades consideradas tradicionalmente como masculinas.

- Realización de Roteiros Medioambientais.
 

 

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

Obxectivo 3: Impulso e aproveitamento do patrimonio ambiental das zonas pesqueiras e acuícolas, incluíndo as operacións de mitigación do cambio climático

Obxectivo específico da EDLP: 

Obxectivo específico 3.2.: Posta en valor do patrimonio ambiental das zonas pesqueiras e acuícolas.

Actuación 3.2.1.:Promoción de proxectos sostibles que poñan en valor e promovan a conservación dos espazos de protección medioambiental (Parque das Illas Atlánticas, Rede Natura...) e a
xestión sostible e os valores da pesca costeira artesanal.

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)