
O proxecto "Baiona Mare Ludis et Natura" promovido pola Consellería de Pesca , Marisqueo e Actividades Marítimas do Concello de Baiona constituiuse nun proxecto integral que coa finalidade de conquerir unha serie de equipamentos por parte do Concello cos que dar un pulo a visibilidade dos deportes náuticos da consellería de deportes do concello de Baiona e ao mesmo tempo colaborar coa Confraría de Pescadores de Baiona en tarefas de carácter medioambiental ou de estudos mariños, e realización de roteiros de sensibilización medioambiental en colaboración coa concellería de educación e de turismo do concello.
Para elo precísase unha embarcación multifuncional destinada a realización de tarefas de apoio a realización dos deportes náuticos e equipameto audiovisual (dron, cámara con obxectivo adaptado, trípode e micrófono)
Con este material realízanse actividades de apoio loxistico de eventos propios do Concello de Baiona:
1. SEMANA AZUL: A Campaña de Fomento dos Deportes Náuticos nace no ano 2000 e vai enfocada aos alumnos de secundaria dos centros de ensino de Baiona 1º de Marzo, Cova Terreña e ISM de Panxón de Nigrán, participando máis de cen alumnos entre todos os centros. Ao cabo dos anos a actividade esténdese a escolares e non escolares de Baiona permitindo que accedan participantes doutros municipios se sobran prazas e ampliando a marxe de idade que inclúe a nenos de primaria desde os 8 anos.
2. TRAVESÍA A NADO “Vila de Baiona”: trátase dun evento adaptado en distancias e grupos de idades para que poidan participar o maior número posible de deportistas e amantes da natación en augas abertas.
3. TRÍATLON POPULAR SEMI INDOOR: reúne tres disciplinas: 500m natación + 10km en bicicleta estática + 2.5 km de carreira e con opción de participar desde a categoría sub 17 ata veteranos.
4. REGATA DE GAMELAS: Competición controlada por Xuíces Oficiais da Real Federación Galega de Remo e con embarcacións tradicionais (Gamelas) propiedade do Concello de Baiona. Celébrase sempre coincidindo coas festas da patroa da vila a principios de agosto.
5. CURSO DE PESCA DEPORTIVA INFANTIL: Curso de iniciación á pesca deportiva dirixido a nenos e nenas de 6 a 15 anos de idade.
6. TORNEO DE PESCA DEPORTIVA INFANTIL Concurso de pesca deportiva infantil dirixido a 3 grupos de idade: SUB 8, SUB 12 E SUB 16
7. CAMPUS NÁUTICOS: incluídos dentro da ampla oferta de Campus deportivos. Este tipo de campus ofrece 5 días de diversión na auga practicando os seguintes deportes: SURF, PÁDEL SURF, KAIAK, WINDSURF E #VER LIXEIRA.
OUTROS EVENTOS E COLABORACIÓNS - Campionatos de España: Sup Race, Pádel Surf, Optimist, Motos acuáticas e kaiak de mar. - Competición de Traiñeiras. - Regatas: Abanca 52 Super Series, Príncipe de Asturias… - Open de Pesca submarina Vila de Baiona. - Meeting de Vela lixeira. - Cursos de iniciación á vela.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
- Programación de accións formativas, de concienciación e divulgación da necesidade de conservación do medio, a biodiversidade e a paisaxe na costa a traves da realización dos roteiros medioambientais cumprindo asi o obxectivo de posta en valor do patrimonio ambiental das zonas pesqueiras e acuícolas.
- Promoción e difusión das actividades nautico deportivas usando as novas tecnoloxías para poner en valor ditas actividades, incrementar a presenza das mulleres na participación das mesmas.
- Promoción de proxectos sostibles que poñan en valor a pesca costeira artesanal a través do Convenio coa Confraría que serviá para realizar un maior coidado do medio mariño.
1º Valorización do mar como fonte de desenvolvemento da actividade lúdica da cidadanía de Baiona, o uso da embarcación permitirá a Concellería de deportes garantír a seguridade das probas a realizar asi como a loxística necesaria para a súa realización o mesmo tempo o equipamento audiovisual permitirá o uso das novas tecnoloxías na divulgación das actividades náutico-deportivas.
2º Valorización do medio ambiente, a través do posibles usos de dita subministración da embarcación e o equipamento audiovisual da confraría relacionados co medio ambiente de conformidade co estipulado no convenio de colaboración. Por outra banda, a realización dos 4 roteiros permitirá o coñecemento do medio ambiente da costa Baionesa, polos nenos e nenas dos centros educativos de Baiona e pola cidadanía da vila e os turistas e visitantes creando unha conciencia medioambiental de revalorización do medio ambiente costeiro.
- Actividades deportivas nas que se usará a embarción e equipamento audiovisual: estas actividades recollidas na memoria deportiva e que son entre outras galego A2 e Job, o campeonato de España e galego padel surf, Regata marine Instruments, Semana Azul fomento de deportes naúticos escolares, IV Ruta Rias baixas Vela Mrciates Baiona etc parten de un diagnostico no que reflicten o número de mulleres e de homes que participan nelas que teñen porcentaxes de participación femenina de o 60%, tratará de de incrementar a participación nas regatas de Gamelas a traves de incentivar a inscripción femenina nas mesmas.
- Colaboración coa Confraría de Pescadores la Anunciada como institución que agrupa os mariñeiros e as mariñeiras de Baiona.
- Fomentase a presenza de mulleres en actividades consideradas tradicionalmente como masculinas.
- Realización de Roteiros Medioambientais.
Obxectivo 3: Impulso e aproveitamento do patrimonio ambiental das zonas pesqueiras e acuícolas, incluíndo as operacións de mitigación do cambio climático
Obxectivo específico 3.2.: Posta en valor do patrimonio ambiental das zonas pesqueiras e acuícolas.
Actuación 3.2.1.:Promoción de proxectos sostibles que poñan en valor e promovan a conservación dos espazos de protección medioambiental (Parque das Illas Atlánticas, Rede Natura...) e a
xestión sostible e os valores da pesca costeira artesanal.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)

