
O día 24 de abril terá lugar, as 19:30h na Casa do Concello de Moaña, unha charla sobre os beneficios do consumo de peixe nas mulleres entre a etapa reproductiva e a menopausia. A conferencia será impartida por Sara Rivas Pereira, nutricionista especializada en pediatría, embarazo, lactancia e alimentación consciente.
Para apoiar esta iniciativa de concienciación dos efectos positivos do consumo de peixe fresco, os asistentes recibirán vales desconto de 5€ para mercar produto pesqueiro nos mercados de abastos locais.Ademáis, suntando tiquets de compra por valor de 60€ nos establecementos adheridos a campaña pesca saúde ata o 30 de xuño, participase nun sorteo de unha degustación para duas persoas nun local de hostalaría da zona.
Esta actividade forma parte do proxecto de colaboración promovido polos GALPs galegos chamado Pesca saúde, que busca mellorar a saúde e benestar da cidadanía promovendo hábitos de vida saudables mediante o consumo de produtos pesqueiros frescos e de proximidade.

