Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Nigrán Activa : Natureza, patrimonio e mar

O desenrolo do proxecto incluirá, entre outras actividades, o acondicionamento dun local dirixido a usos múltiples e que contará cunha sala de formación, cunha rampa de surf skate e cunha pequena zona de cafetería. As instalacións físicas servirán de apoio para a organización das actividades que configuran o proxecto e para o propio desenvolvemento de algunhas delas (xornadas formativas, charlas...etc.), posto que a maioría das actividades están configuradas para desfrutar no medio natural. Cando o mal tempo non permita desfrutar da natureza no espazo exterior (polo mal estado do mar, fortes rachas de vento ou moito frío), tamén se poderá utilizar o local como punto de encontro para efectuar outras actividades.

Datos xerais
Acrónimo: 
-
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
Nigrán Skate and Camps ,s.l.
Datos de interese: 
-
Perfil empresarial: 
Empresa privada
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
ORDE do 27 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas para os grupos de acción local do sector pesqueiro para
Convocatoria - ano: 
2022
Data de aprobación: 
13/06/2022
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
7
Anualidades: 
2022
Data fin de execución: 
30/09/2022
Ámbito de aplicación: 

Nigrán 

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
124.693,69 €
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
119.408,99 €
Total axuda pública aprobada (€): 
59.704,50 €
% Subvención: 
50%
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
50.748,83€
FEMP (%): 
85%
CA (€): 
8.955,67 €
CA (%): 
15 %
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
1 ETC
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
-
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
50 mulleres
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 

O obxectivo xeral deste proxecto é fomentar o coidado e a preservación do patrimonio medioambiental e cultural pesqueiro, acuícola e marítimo da zona pesqueira co fin de reforzar a súa identidade territorial mediante a realización de actividades deportivas, náuticas e de formación específica con escolares, turistas e particulares. A través destas accións, contribuirase ademais á mitigación do cambio climático e á concienciación cara a unha economía con menos emisións de carbono .

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 

1. Dotación ao GALP Ría de Vigo-A Guarda dun servizo de actividades e experiencias náuticas que poñan en valor o medio ambiente e o patrimonio ligado ao mar e ao territorio.

2. Incremento do coñecemento da poboación local e non local das singularidades do territorio (coñecemento do medio natural, costeiro e pesqueiro de forma sostible e respectuosa co entorno) nos ámbitos descritos no punto anterior.

3. Fortalecemento da cadea de valor do sector turístico do territorio (aloxamento, restauración e outros), procurando a desestacionalización e o incremento dos días de estancia media dos turistas. 

Principais actividades do proxecto: 

Actuacións para as que se solicita a axuda:

Actividade 1. Acondicionamento do local 

Actividade 2. Deseño de imaxe , web e marketing dixital 

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

Obxectivo estratéxico 3 Fomento do aproveitamento sostible do patrimonio medioambiental das zonas pesqueiras, incluíndo operacións de mitigación do cambio climático e de transición a unha economía de baixas emisións de carbono.

Obxectivo estratéxico 4 O fomento do benestar social e do patrimonio cultural das zonas pesqueiras como elemento para reforzar a identidade territorial, e o patrimonio cultural pesqueiro, acuícola e marítimo. 

Obxectivo específico da EDLP: 

3.1. Obxectivo específico: Acadar a conservación do medio natural na zona costeira.

4.1. Obxectivo específico: Aumentar a implicación e sensibilización da poboación sobre a importancia do patrimonio pesqueiro da zona.

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)