Martes, 24 de Agosto de 2021 - 09:08

Con data 17 de agosto publicouse no DOG a ORDE de 3 de agosto de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo EDPL, aprobadas aos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro, para o desenvolvemento das zonas de pesca 2014-2020. Estas axudas son en réxime de concorrencia competitiva, e o procedemento que regula a presente orde correspóndese co código PE155A.
A nova convocatoria estará aberta ata o día 17 de setembro.
Consulta da orde da axudas : https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210817/AnuncioG0427-040821-0...