
O proxecto de intervención a través da cultura da música mariñeira para persoas con alzhéimer e outras demencias e persoas con discapacidade nos concellos de Moaña, Vigo e Cangas concíbese como un proxecto aberto e integral no que se ten en conta os beneficios da estimulación musical a través dos distintos aspectos dos que se compón a música de raíz mariñeira. Consta de 3 actividades principais: 1. A confección de instrumentos a partir de recursos do mar. 2. O repertorio común composto por cantigas relacionadas co mar e as súas xentes. 3 .O movemento acompasado a partir da reprodución das faenas e do baile.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
Poñer en valor o patrimonio cultural musical do mar fomentando o benestar social.
- Preservación da tradición da cultura mariñeira.
- Transmisión xeracional da historia, da cultura e do patrimonio.
-Recuperación de bailes e cantigas: A Cana verde: baile baseado nun ritual da pesca con cana do pais. A Rapañota: representación do repaño do peixe arredor da entallada. A caldeireta: baile de taberna. Os palmos: formas de quentar as mans a través da música. Currascascás: forma de quentar os pes na cuberta dos barcos a través da música (zapateando). Gañar o grolo: xogo onde a recompensa era un sorbo de caña.
- Colaboración con empresas, confrarías, asociacións, etc. da zona relacionadas co mundo do mar a través da firma de convenios de colaboración. Publicación das actividades realizadas con estas entidades.
- Mellora da calidade das persoas usuarias.
Consta de 3 actividades principais 1. A confección de instrumentos a partir de recursos do mar. 2. O repertorio común composto por cantigas relacionadas co mar e as súas xentes. 3 .O movemento acompasado a partir da reprodución das faenas e do baile.
Obxectivo estratéxico 4: O fomento do benestar social e do patrimonio cultural das zonas pesqueiras como elemento para reforzar a identidade territorial, o patrimonio cultural pesqueiro, acuícola e marítimo
Obxectivo específico 4.1: Aumentar a implicación e sensibilización da poboación sobre a importancia do patrimonio pesqueiro da zona
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)