Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Relevo II: Mocidade a bordo. Visita á confraría e redeiras de A Guarda

Visita á confraría e nave de redeiras de A Guarda

Dentro do proxecto de cooperación "Relevo II: Mocidade a bordo" o pasado 18 de febreiro realizouse a visita co CPR Plurilingüe San José á Confraría de pescadores "Santa Tegra" de A Guarda, na que o alumnado coñeceu os oficios da zona e asistiu a unha poxa virtual.

A continuación o alumnado desprazouse á nave de redeiras da Asociación de redeiras do Baixo Miño - Atalaia, onde puideron coñecer o seu oficio.