Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Visita de estudo FLAG Veneziano

O pasado 6 de outubro representantes das confrarías de pescadores de Aldán, Arcade, Vilaboa e Cangas, xunto coa xerente do GALP Ría de Vigo - A Guarda realizaron unha visita de estudo ao FLAG Veneziano.

Nestas xornadas os asistentes analizaron varios modelos de pescaturismo como forma de diversificación de ingresos para as empresas de pesca e acuicultura. Tamén vistitaron as instalacións da mexilloneira Mitilla, a Illa do pescador coas súas casonni (construccións empregadas polos pescadores no período de pesca) e a fábrica de papel reciclado Favinni, que fai papel a base de algas recollidas en zonas de risco ambiental.