Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Xornada de pescaturismo en Aldán

O pasado día 11 de setembro tivo lugar unha xornada de pesca - turismo no territorio GALP Ría de Vigo - A Guarda.

Nesta ocasión, os asistentes puideron formar parte da experiencia "Pescaturismo na Ría de Aldán" a bordo do barco "Cruceiro do Hío". A experiencia permitiu navegar pola Ría de Aldán ata unha batea e coñecer de primeira man o traballo diario dos profesionais do cultivo dos mexillóns.

A actividade forma parte do proxecto de cooperación dos GALPs galelgos "Mar e Rías: Pesca & Turismo".