Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Xornada de presentación de axudas e sensibilización medioambiental en Moaña

 Xornada de presentación de axudas e sensibilización medioambiental en Moaña

O  día 17 de febreiro de 2017, tivo lugar no Salón de Plenos do Concello de Moaña a “Xornada de presentación de axudas e sensibilización medioambiental do FEMP”. A xornada comezou ás 18:30 horas.

A xornada comezou coa benvida da concelleira de Benestar Social, Muller e Igualdade Dona María Ortega, que explicou aos presentes en que consiste o Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Ría de Vigo – A Guarda .

De seguido, a xerente do GALP 7, Dona Elena Herbello  e D. Ricardo Varela presentaron o borrador da orde de axudas do FEMP que xestiona o grupo, así como exemplos de proxectos que poderían ser subvencionables, xa que se adaptan á estratexia de desenvolvemento local participativo aprobada pola Consellería para a nosa zona.

A continuación, Dona Ana Antelo presentou “A educación como ferramenta para a sostenibilidade no marisqueo na Ría de Vigo”.

A xornada finalizou cunha mesa redonda coloquio.