Miércoles, 5 de Marzo de 2025 - 09:03

O xoves, 6 de marzo, organizaremos unha XORNADA DE PRESENTACIÓN dos proxectos aprobados na última convocatoria dos #FondosEuropeos #FEMPA 2024.
Dentro do programa da xornada, tamén se inclúe a firma dun convenio con Caixabank, a presentación da Rede ES.MAR, unha degustación de produtos do mar e, por suposto, unha referencia á a actual convocatoria de axudas (aberta ata o 21 de marzo).
O acto terá lugar na Casa da Cultura de Riomaior, Rúa dos Pazos, 1 (Concello de Vilaboa).

