
Creación dun centro fixo de formación marítimo-pesqueira en Portosín, dando continuidade á experiencia de Ensino Profesional Galego S.L. como centro móbil de formación homologada para o sector marítimo. O novo centro contará con instalacións modernas e recursos tecnolóxicos avanzados que permitirán ampliar e mellorar a oferta formativa, incorporar novas ferramentas de simulación e facilitar unha formación especializada, accesible e adaptada ás necesidades presentes e futuras das persoas profesionais do mar.
O centro permitirá consolidar e ampliar a impartición de titulacións como mariñeiro pescador, patrón local de pesca e patrón polivalente, así como incorporar novas formacións dirixidas a outros perfís profesionais do sector, entre eles as redeiras. Ademais, favorecerá a colaboración con confrarías e asociacións do territorio mediante convenios que faciliten o acceso á formación en condicións preferentes e ofrecerá asesoramento técnico e formativo especializado.
A implantación do centro contribuirá así á profesionalización e relevo xeracional do sector, á igualdade de oportunidades no acceso á formación e á modernización e competitividade da actividade marítimo-pesqueira.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
Consolidar en Portosín un centro fixo de formación marítimo-pesqueira, incrementando de forma significativa a capacidade formativa actual de Ensino Profesional Galego S.L. e posibilitando o desenvolvemento de novas accións formativas que non resultan viables mediante o modelo móbil. Mellorar a calidade e especialización da formación, especialmente nos ámbitos da seguridade marítima, prevención de riscos, supervivencia e loita contra incendios, facilitando a adaptación dos profesionais ás esixencias normativas nacionais e internacionais e contribuir á profesionalización e cualificación do sector, á creación de emprego e á dinamización económica e fixación de poboación nas comunidades costeiras.Finalmente favorecer a cooperación e o acceso a formación especializada de proximidade para o sector pesqueiro, facilitando a colaboración e o asesoramento a confrarías, asociacións de armadores, asociacións de redeiras e outras entidades e empresas vinculadas ao ámbito marítimo-pesqueiro.
O proxecto contempla, en primeiro lugar, a construción e adecuación das infraestruturas necesarias para o funcionamento do centro de formación marítimo-pesqueira, incluíndo aulas teóricas, espazos para prácticas de seguridade marítima, zonas de simulación e áreas auxiliares adaptadas á normativa vixente.
As instalacións permitirán ampliar e mellorar a oferta formativa dirixida a profesionais do mar, incluíndo tripulacións de pesca, redeiras, persoal da mariña civil, armadores, persoal portuario e outros traballadores vinculados ás actividades marítimas. Tamén se facilitará o acceso á formación de mozos e mozas que se incorporen ao sector, persoas desempregadas e traballadores que precisen actualizar ou reciclar as súas competencias.
De forma indirecta, a iniciativa contribuirá á creación de emprego, á dinamización económica local e á mellora da seguridade, cualificación e profesionalización do sector marítimo-pesqueiro, favorecendo o desenvolvemento sostible das comunidades costeiras.
Obxectivo Estratéxico 1. Sector da Pesca.
1.5.2. Obradoiros de capacitación para a remuda xeracional nos sectores da pesca.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)

