Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

FACTORÍA ABERTA Á MOCIDADE

O proxecto consite na rehbilitación do almacén adosado polo norte da vivenda da antiga Fábrica de Curtidos da Chainza, edificio que responde á tipoloxía da arquitectura preindustrial do século XIX que antigamente se utilizaba como adega na planta baixa e alamacén no piso superior,  para darlle un novo uso como centro multiusos para a creatividade artística e a cultura urbana destinado a mozos complementando ó albergue que e instalará nunha das edificacións da parte traseira da parcela. O emprazamento desta factoría aberta escolleuse pola súa proximidade ao novo albergue, situado a tan só a 25 metros de distancia na mesma parcela, con acceso común, considerándose como un complemento do mesmo e acentuando aínda máis o carácter aberto do mesmo.

Algunha das disciplinas urbanas que se traballarán serán o breakdance, graffiti, parkour, beatboxe, turntablism Dj, slackline, rap, skimboard, etc, podéndose adaptar esta única planta a calquera delas.

O centro que se pretende, responde a unha necesidade latente na localidade que contra con catro centros de secundaria e dous de bacharelato que acollen en torno a uns catrocentos mozos. O obxectivo que se persegue non debe ser un centro de actividades ao uso, senón unha factoría aberta de contidos e creatividade orientada a estimular e ambicionar a estes rapaces, que atenda ás súas necesidades e inquedanzas, facéndoos ao mesmo tempo participativos na xestión do propio espazo.

Estamos ante un proxecto de interese colectivo para o territorio, non só para os beneficiarios directos que serán mozos e mozas para a poboación en xeral, o coidado e a dinamización da nosa xuventude debe ser sempre unha premisa a ter en conta para a sociedade do noso mañá.

Datos xerais
Acrónimo: 
-
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
CONCELLO DE NOIA
Datos de interese: 
https://concellodenoia.gal/
Perfil empresarial: 
CONCELLO
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
Orde do 28 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP) aprobadas aos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP)
Convocatoria - ano: 
2024
Data de aprobación: 
15/07/2024
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
31
Anualidades: 
2024-2025-2026
Data fin de execución: 
31/10/2026
Ámbito de aplicación: 

LOCAL

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
481.441,50 €
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
481.441,50 €
Total axuda pública aprobada (€): 
200.000,00 €
% Subvención: 
41,5
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
140.000,00 €
FEMP (%): 
70%
CA (€): 
60,.000,00 €
CA (%): 
30%
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
-
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
-
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
Non
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 

-O principal obxectivo é crear un espazo multidisciplinar  aberto para a mocidade da vila, no que se sinta identificada, e poida sentir o seu Flow

-Fomentar a súa  creatividade, dándolles a oportunidade de desenvolver distintos roles na xestion do seu espazo.

-Contribuír a canalizar o protagonismo e capacidade de liderado dos mozos e mozas e a xerar unha visión positiva da mocidade no seu ámbito territorial.

-Mellorar o atractivo do territorio para as novas xeracións, dando opción de realizar actividades que actualmente triunfan da súa banda de idade.

-Promover actividades e modelos de lecer saudables.

-Reforzar a Noia como referente cultural.

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 

Contribuír a mitigar unha das debilidades detectadas no ámbito territorial do Galp Costa Sostible, como é falla de espazos atractivos para a mocidade.

-Crear unha factoría de contidos aberta, diversa e inclusiva.

- Procurar a  autoxestion da factoría a través do voluntariado xuvenil.

-Fomentar o asociacionismo xuvenil e a consolidación de grupos informais para a participación en distintos  programas ou proxectos doutras entidades institucionais.

-Converterse nun centro de referencia e nun lugar de acollemento para a nosa mocidade.

-Lograr a retroalimentación entre esta factoría aberta e o albergue de peregrinos sito no mesmo complexo fabril no que respecta  á mocidade.

-Rehabilitar unha edificación en desuso dentro dun complexo de marcado carácter patrimonial e etnográfico.

-Proxección exterior de Noia nos eidos das distintas modalidades creativas e deportivas; mellora da competitividade da nosa mocidade e fomento do intercambio con outras comunidades.

Principais actividades do proxecto: 

Un programa de actividades aberto e versátil que atenda ás necesidades demandadas pola mocidade, non se trata dun centro de actividades extraescolares, senón dun lugar de acollemento para os nosos mozos, aberto a expresar a súa creatividade e a práctica de disciplinas que lle permitan desfrutar do  seu tempo de ocio sen a necesidade de desprazarse da vila.

Explotaranse os novos valores da cultura, incluíndo a relación arte-tecnoloxía, tratando de que os mozos/as mostren a súa creatividade cos medios adaptados á súa forma de vida, polo que as tecnoloxías estarán presentes nesta factoría.

Poñerase en marcha un programa de voluntariado que facilite a participación da mocidade no desenvolvemento das actividades do complexo.

Exemplos das actividades a desenvolver

-Obradoiros de cinema con móbiles, sendo a Mostra de curtametraxes da localidade o escaparate idóneo para dar a coñecer estes resultados.

-Realización de obradoiros de murais e grafitis nos que dando renda solta á creatividade,  tratarán de  plasmarse a identidade mariñeira da vila.

-Iniciativas de emprego e emprendemento  a través de obradoiros de talento mozo, atraendo a persoeiros de referencia para este colectivo, a contar a súa experiencia dende o ámbito profesional e a súa experiencia persoal proporcionando unha visión máis ampla do futuro.

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

Obxectivo estratéxico 4. Cultura & Benestar

Fomento do benestar social e do patrimonio cultural das zonas pesqueiras e acuícolas, incluíndo o patrimonio cultural pesqueiro, acuícola e marítimo

Obxectivo específico da EDLP: 

4.1.Impulso dos servizos contra o despoboamento: conciliación, atención á dependencia e xuventude.

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)