Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Hotel Dúas Estrelas Bela Fisterra

O promotor do proxecto xa puxo en marcha un establecemento en Muxía, o Albergue Bela Muxía, destacable pola excelencia no servizo e o deseño arquitectónico, agora trátase dun hotel de dúas estrelas de categoría superior na recta da Anchoa no concello de Fisterra, a construcción adoptará forma dunha cetárea, e ao tratarse dun hotel cultural dedicado na maior parte á figura de Alejandro Finisterre. Constará de 16 habitacións e no 2020 engadiráselle un talaso na parte posterior da edificación.

Datos xerais
Acrónimo: 
-
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
Bela Fisterra, SL
Datos de interese: 
formoso@radiocoruna.es
Perfil empresarial: 
persoa xurídica
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
Orde do 24 de maio pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a proxectos ao amparo de estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobados aos grupos de acción local do sector pesqueiro
Convocatoria - ano: 
2017
Data de aprobación: 
10/04/2017
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
19
Anualidades: 
2017-2018
Data fin de execución: 
31/03/2018
Ámbito de aplicación: 

Concello de Fisterra

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
1.175.661,48 €
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
1.127.870,08 €
Total axuda pública aprobada (€): 
200.000,00
% Subvención: 
38,8
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
150.000
FEMP (%): 
75
CA (€): 
50.000
CA (%): 
25
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
5
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
-
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
-
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 

O primeiro obxectivo do proxecto "Hotel do Mar Bela Fisterra" que presentamos é a construcción e posta en funcionamento do Hotel do Mar Bela Fisterra. Pero a creación dun novo establecemento turístico de calidade media-alta no concello de Fisterra supón moito máis. Trátase de implantar un modelo de aloxamento máis amplo e actual; innovador e sostible; respectuoso e protector cos recursos e coa contorna e accesible e inclusivo para todas as persoas. un concepto acordos aos novos tempos e adecuados ás necesidades reais dos clientes co que poder gozar do lugar, no que remata o Camiño de Santiago e morre o sol, dun xeito tradicional e natural, sen perder de vista a relación de Fisterra co mar e cunha tradición cultural chea de referentes históricos mariñeiros.

O proxecto o "Hotel do Mar Bela Fisterra" representa un noco concepto de aloxamento que nace, ademáis, coa firme intención de revitalizar a economía local promovendo o emprego, activando o turismo mariñeiro, o turismo xacobeo e converténdose, ao tempo, nun espazo temático único na Costa da Morte de literatura universal vinculada co mar. 

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 

 A posta en marcha do "Hotel do Mar Bela Fisterra" supón, por unha banda, un exemplo de emprendemento feminino na Costa da Morte, xa que non só o 50% da sociedade está formada por mulleres, nai e filla, teñen unha experiencia profesional e empresarial contrastada. Dende ese punto de vista o proxecto convértese nun elemento de igualdade e oportunidades.

Ademáis, está baseado na promoción do Camiño Xacobeo, dos recursos turísticos, da tradición mariñeira e da riqueza cultural do concello de Fisterra, contribuíndo deste xeito á diversificación da actividade económica nunha vila historicamente vinculada á pesca, mediante o desenvolvemento dun proxecto noque priman a calidade e a posta en valor dos recursos propios.

En terceiro lugar, a sociedade promotora "Hotel do Mar Bela Fisterra" aposta polo emprego local, e pola sustentabilidade no desenvolvemento  da súa actividade, contribuíndo deste xeito á xeración de riqueza noámbito local e á protección do medio natural no que se enmarca mediante a utilización de prácticas e servizos respectuosos.

Así mesmo, o proxecto distínguese polo seu compromiso de inclusión social, de xeito que o "Hotel do Mar Bela de Fisterra" será un establecemento integrador de referencia dentro e fora da Costa da Morte.

Principais actividades do proxecto: 

O proxecto nace coa intención de ofrecer un servizo de calidade media-alta no concello de Fisterra complementando a oferta actual de aloxamentos para usuarios e peregrinos pero abrindo tamén as posibilidades a outro tipo de turismo de tal forma que se contribuirá á súa desestacionalización.

O hotel construirase sobre unha parcela con acceso directo á praia de Langosteira, disporá de 16 habitacións con baño privado, 14 dobres e 2 cuádruples, recepcióno e salón social. Esta construcción vólcase a un patio interior, un recinto protexido frente ao vento e o ruido exterior, mantendo unhas boas condicións de soleamento e ventilación de todos os espazos.

O obxectivo é convertir o "Hotel do Mar Bela Fisterra" nun espazo temático de literatura universal vinculada co mar e coa historial local. Sempre haberá exposcións divulgativas sobre Fisterra, o mar, sobre a vida dos mariñeiros, sobre a cultural mariñeira e sobre as persoas profesións vinculadas ao mar. Tamén se organizarán enventos como presentacións del ibros, recitais poéticos, conferencias etc que estean relacionadas co mar, a gastronomía e coa tradición pesqueira e marisqueira de Fisterra. E finalmente contará cunha pequena tenda onde se comercializarán produtos do mar en conserva, procedente da actividade pesqueira e marisqueira no noso mar e envasados na mesma Costa da Morte.

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

Obxectivo 2: Diversificación económica

Obxectivo específico da EDLP: 

2.4.1.1 Apoio á creación de nova infraestructura aloxativa

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)