
O obxecto da presente actuación é a reforma e modernización da planta baixa do mercado actual, (actualmente un espazo algo degradado e en condicións deficientes de confort tanto para os usuarios dos postos como para os clientes , que resulta pouco acolledor e atractivo.
Partindo das premisas da inmellorable localización do mesmo, fronte o mar e a lonxa e pescadores, a calidade dos recursos pesqueiros da lonxa de Fisterra, e o numero de visitantes que atrae cada ano a localidade así como a tendencia dos hábitos de consumo cara os produtos locais e de cercanía compre a necesidade de reformar este inmoble pola súa propia potencialidade catalizadora.
Procurase un mercado diferenciador onde a proximidade do produto, a sostibilidade e a calidade sexan os eixes diferenciadores, para elo para constituirase nun "Mercado Mariñeiro", no que se dinamícese a actividade comercial do mercado tradicional poñendo en valor especialmente o produto local da pesca cun pequeno espazo complementario para o mercado dos produtos vexetais. Esta actividade comercial complementarase con demostracións gastronómicas e degustación de produtos, sendo o mercado mariñeiro de Fisterra un escaparate para os establecementos de restauración da contorna, e para as accións de promoción da propia entidade promotora.
Como garantía de proximidade acollerase ao selo promocional Kilómetro cero Mar Galaica que garante que o peixe do noso mercado non ten mais de 100 km de recorrido dende o lugar de orixe e foi capturado con artes de pesca artesanais, mariñeiros, armadores percebeiros, e navalleiros estarán presentes no mercado mariñeiro de Fisterra a través do seu propio produto ., o fío será do mar a lonxa, da lonxa o mercado e do mercado a mesa.
Procederase tamén adecentamento e posta en valor da zona do lavadoiro que figura no mercado de xeito que sexa unha zona de descansos para o usuario e unha zona de observación para o visitante.
Como elemento innovador e que reflexa o carácter dinamizador e diferenciador que se pretende con este mercado colocarase unha máquina de distribución de bolsas da compra reutilizables do mercado, que permitirán por unha banda promocionar o mercado e a vila de Fisterra e por outra banda transmitir valores de medioambente e sostenibilidade.
O mercado mariñeiro de Fisterra debe ser un referente a nivel turístico e de calidade de produto e debe estar orientado as novas tendencias e hábitos de consumo.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
-A integración do sector da pesca cos outros sectores económicos.
-Fomentar o consumo da lonxa local a través dun espazo innovador de degustación de produtos do mar
- Incrementar a demanda dos recursos pesqueiros do territorio a través da captación de novos segmentos de mercado, o converterse nun lugar de referencia na localidade.
-Potenciar a actividade turística do Concello de Fisterra a través das actividades de degustación
-Diferenciar os recursos pesqueiros pola súa calidade e sostenibilidade a través da súa decoración e interioirismo.
- Por en valor a filosofía do selo kilometro cero Mar galaica.
- Converterse nun polo catalizador de visitantes polo seu atractivo turístico e a súa ubicación , co consecuente incremento da actividade turística no Concello de Fisterra.
-A integración do sector da pesca cos outros sectores económicos
-Fomentar o consumo da lonxa local a través dun espazo innovador de degustación de produtos do mar
- Incrementar a demanda dos recursos pesqueiros do territorio a través da captación de novos segmentos de mercado, o converterse nun lugar de referencia na localidade.
-Potenciar a actividade turística do Concello de Fisterra a través das actividades de degustación
-Diferenciar os recursos pesqueiros pola súa calidade e sostenibilidade a través da súa decoración e interioirismo
- Por en valor a filosofía do selo kilometro cero Mar galaica
- Converterse nun polo catalizador de visitantes polo seu atractivo turístico e a súa ubicación , co consecuente incremento da actividade turística no Concello de Fisterra.
- Marca e imaxe
Precisamos dotar o mercado mariñeiro dunha personalidade xenuína que permita a súa diferenciación dentro da oferta comercial da vila e facilite a súa comunicación.
- Accesibilidade e mellora das instalacións.
- Ordenación do espazo interior.
Melloramos as prestacións e a orde no interior, así como a calidade estética do espazo con varias actuacións. Tanto a efectos de servizo como de imaxe, un dos elementos diferenciais dos establecementos modernos é a cada vez maior preocupación pola orde, que aporta sensacións vinculadas á calidade: comodidade, hixiene, preocupación polo detalle…
- Rotulación exterior e interior.
Un dos elementos clave de reforzo da nova identidade será unha rotulación uniforme e coherente coa nova identidade gráfica.
Obxectivo estratéxico 2. Economía Azul & Diversificación.
Fomento da economía azul nas zonas pesqueiras e acuícolas mediante o apoio á diversificación dentro e fora do sector da pesca comercial, a aprendizaxe permanente e a creación de emprego nas zonas pesqueiras e acuícola.
2.1. Apoio a novos sectores da economía azul sostible.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)

