Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Muller e traballo algúns problemas e moitas solucións :Segunda fase do Pacto Local polo Territorio Costeiro Sostible. Sensibilización á poboación

Este mércores 19 de decembro, tivo lugar outras das actividades que compoñen a parte expositiva do Pacto Local que o GALP Costa Sostible promove no noso territorio. A xornada terá lugar na Casa da Cultura de Corcubión, e consistiu nunha charla-coloquia organizada en colaboración coa Voz de Galicia e incluida dentro do seu formato ForoVoz.

A charla foi presentada polo alcalde de Corcubión, Manuel Insua e dirixida pola periodista de RadioVoz Bergantiños, Verónica Couto.

O tema que se trataou tivo por título "Muller e Traballo: o reto da plena incorporación laboral das mulleres nas zonas litorais e participaron a presidenta da "Asociación Nacional de Mulleres da Pesca", Rita Míguez, coa periodista La Voz de Galicia, Fernanda Tabarése coa xerente do Galp Costa Sostible Manuela Oviedo.