
O vindeiro 15 de decembro, celebraremaos no concello de Muros unha fermosa xornada na que unhas embarcacións tradicionais, cuxos patróns recibiron instrucións pro parte da psicóloga Rocío Gómez Juncal e do persoal da Organización Nacional de Cegos de España (ONCE), navegarán (si o tempo non o impide) con persoas con discapacidade visual.
A xornada comenzará coa proxeción dun vídeo doutra anterior edicción e continuará coas palabras de María Xosé Alfonso, alcaldesa de Muros; Rocío Gómez, a psicologa impulsora da idea; Pablo Mariño de Bluscus, encargado da xestión da xornada, José A. Abraldes, diretor de recursos educativos da ONCE, a nosa xerente, Manuela Oviedo; e Rosa Quintana, conselleira do mar da Xunta de Galicia.
Un pincho mariñeiro pechará o acto e servirá para fortalecer os lazos entre os asistentes.
Colaboran: Culturmar, Asociación Cultural Mar de Muros, Asociación Cultural Canle de Lira, Asociación Balandro Joaquín Vieta, Asociación Cívico-Cultural Terras de Outes, Club Adeco-Dea e a Asociación de Veciños A Ostreira de Abelleira.

