
Créase un espazo expositivo permanente dentro do complexo de Industrias Cerdeimar, poñendo en valor a entreplanta, que quedou en desuso, da fábrica máis antiga da conserveira.
Trátase dun proxecto de turismo industrial que mostra unha parte primordial da vida económica e social: a súa propia esencia vinculada ao mar, da poboación de Camariñas. Complementa e proporciona alternativas a outras fórmulas de turismo convencional, posibilita a diversificación do sector pesqueiro e pon en valor o patrimonio material e inmaterial asociado ao mundo do mar e xente mariñeira.
Como punto de partida, disporá dunha sala central como escenario principal. O visitante fará un recorrido pola historia da conserveira, contemplará in situ máquinas antigas restauradas e será testemuña directo de como o progreso foi transformando a industria dende os seus inicios ata actualidade. Deseñouse no lateral unha pasarela acristalada que servirá como expositor da actual actividade da conserveira. Contarase co apoio de información gráfica combinada con experiencias audiovisuais e estará orientado a mostrar os aspectos máis importantes sobre a industria conserveira, a súa tradición, así como outros contidos relacionados co mar, o traballo das mariscadoras, os produtos do mar e a súa transformación.
Coa idea de ofrecer xornadas técnicas, gastronómicas, seminarios e eventos de distinta índole, dispón de dúas salas contiguas dotadas con una pequena cociña e equipadas para recibir a grupos.
Outra parte importante do proxecto será a súa tenda gourmet, que disporá tamén dunha plataforma para a venta online dos produtos elaborados de alto valor engadido, principalmente da Ría de Camariñas.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
Mellora da competividade e sustentabilidade de industria conserveira, mellora da imaxe da conserva e os produtos do mar e a sua posta en valor como recurso turístico.
Creación de proxecto de turismo industrial, creación de 2 empregos e mellora da competitividade e sustentabilidade da empresa.
Turismo industrial: Proxecto que se incorporará dentro das rutas e actividades de Turismo Industrial da provincia promovido pola Deputación de A Coruña.
Tenda gourmet e online e degustación de produtos: Venda directa de produtos de gama alta da conserveira con materia prima da Ría de Camariñas e degustación no museo.
Formación e Exposición: Conxunto de actividades orientadas a formación e visitas guiadas con escolares, empresas, grupos e público en xeral.
Organización de eventos: Realización de actividades singulares, premios, xornadas e presentacións de carácter puntual, orientados a poñer en valor o patrimonio material e inmaterial que o proxecto mostra.
2. Competitividade Sostible das actividades relacionadas co Mar
2.2. Compatibilización do aprovecitmento dos elementos medioambientais e patrimoniais para a diversificación
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)