
O proxecto busca modernizar a loxística e operacións da Confraría de Pescadores San Antonio de Cambados, coa adquisición dun camión isotermo gasificado con etiqueta ECO e dous motores fueraborda máis eficientes. Estes investimentos mellorarán a eficiencia enerxética, reducirán as emisións contaminantes e optimizarán a seguridade
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
O proxecto busca modernizar a loxística e operacións da Confraría de Pescadores San Antonio de Cambados, coa adquisición dun camión isotermo gasificado con etiqueta ECO e dous motores fueraborda máis eficientes. Estes investimentos mellorarán a eficiencia enerxética, reducirán as emisións contaminantes e optimizarán a seguridade.
O novo camión garantirá un mellor illamento térmico, optimizando a cadea de frío e a seguridade alimentaria, ademais de incorporar avanzados sistemas de protección para operarios e viandantes. Os motores fueraborda permitirán un menor consumo de combustible e cumprirán coas normativas máis esixentes en emisións e contaminación acústica.
Con estas melloras, a Confraría aposta pola sustentabilidade e a innovación no sector pesqueiro
Os investimentos permitirán mellorar a eficiencia enerxética, reducir emisións e optimizar a seguridade. O novo camión isotermo gasificado diminuirá o consumo de combustibles fósiles, garantirá unha mellor conservación térmica e reforzará a seguridade alimentaria. Os motores fueraborda reducirán o consumo de combustible e cumprirán normativas estritas de emisións e contaminación acústica. Ademais, o camión incorporará sistemas avanzados de seguridade para operarios e viandantes. Con estas melloras, a Confraría aposta pola modernización e sustentabilidade do sector pesqueiro.
Os resultados do proxecto estarán dispoñibles ao público, coa finalidade de facilitar que outras entidades poidan beneficiarse dos resultados obtidos. Publicitarase polos medios dispoñibles pola entidade. E estará ao dispor do GALP para transferencia de información e resultados do proxecto
O proxecto baséase na dotación de novo equipamento para a mellora de funcionamento das actividades desenvolvidas pola Confraría. Así, mellorarase substancialmente a operativa diaria dos labores realizados, á vez que os novos elementos adquiridos supoñerán unha mellora de eficiencia enerxética e seguridade.
Podemos concretar os investimentos nas seguintes:
- Adquisición de novo camión isotermo gasificado con etiqueta ECO.
- Adquisición de dous novos motores fueraborda. para embarcacións de vixilancia.
Incrementar a sustentabilidade e a autonomía do sector na explotación dos recursos da pesca, marisqueo e acuicultura da Ría de Arousa.
Accións que reforcen a rastrexabilidade e control dos recursos, abordando o impacto do furtivismo sobre a actividade pesqueira
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)

