
O proxecto contempla a modernización do sistema colectivo de control das producións mediante a implantación dun procedemento de pesaxe fiable, homoxéneo e tecnicamente actualizado, que permitirá dispoñer de datos consistentes e comparables para a xestión diaria da actividade. A actuación mellorará a precisión e repetibilidade das pesadas e incorporará un rexistro sistematizado da información mediante ferramentas de soporte, reforzando a trazabilidade do produto e a transparencia do modelo produtivo.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
Obxectivo xeral
-Modernizar e reforzar a xestión colectiva e a trazabilidade das producións de mexillón da ría de Arousa, mellorando o control e rexistro das descargas mediante un sistema de pesaxe fiable e tecnicamente actualizado, e favorecendo a valorización do produto no ámbito local.
Obxectivos específicos
-Implantar un procedemento de pesaxe e rexistro homoxéneo que xere datos fiables para a xestión diaria.
-Optimizar os procedementos internos de control e organización, mellorando a coordinación entre produtores e a xestión compartida.
-Reforzar a trazabilidade, a transparencia e o control de calidade ao longo do proceso produtivo, contribuíndo á confianza no produto local.
- Reforzo da trazabilidade e transparencia: O rexistro sistematizado e a emisión de xustificantes reforzarán a trazabilidade do mexillón e a dispoñibilidade de información para a xestión colectiva.
-Mellora organizativa e capacidade operativa: A integración do sistema facilitará a coordinación entre produtores, a homoxeneización de criterios e unha xestión máis eficiente.
-Valorización do produto e imaxe do sector: O maior control e a divulgación pública do modelo produtivo reforzarán a confianza no mexillón local e a súa posta en valor.
-Sostibilidade e continuidade territorial: Ao favorecer a descarga e xestión local, contribúe indirectamente á racionalización loxística e á redución de desprazamentos innecesarios.
LIÑA 1: MODERNIZACIÓN DO SISTEMA COLECTIVO DE CONTROL, PESA E REXISTRO
1. Implantación dun sistema de pesaxe colectivo actualizado
2. Rexistro sistematizado da información
3. Integración nos procedementos internos
LIÑA 2: ACCIÓNS DE COMUNICACIÓN, SENSIBILIZACIÓN E DIVULGACIÓN
1. Stand divulgativo en evento de referencia
2. Difusión e visibilidade do proxecto
Reforzar o posicionamento social do sector pesqueiro, do marisqueo e da acuicultura como sector estratéxico da economía da Ría de Arousa
Accións que incidan na profesionalización do sector e o convertan nunha oportunidade laboral atractiva para a mocidade
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)

