Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

O GALP COSTA DA MORTE IMPULSA PROXECTOS ASOCIADOS AO MAR NA XORNADA “INNOVANDO POLO MAR” EN CAMARIÑAS

 

  • A estratexia potencia proxectos sostibles asociados ao sector do mar.
  • Empresas e asociacións compartirán as súas experiencias e coñecerán un avance das próximas axudas do Galp Costa da Morte.

Mañá, venres, 28 de novembro, a Cofradía de Pescadores de Camariñas será o escenario da xornada “Innovando polo mar”, organizada polo Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Costa da Morte, co apoio da Xunta de Galicia e a Unión Europea.

O evento reunirá a representantes institucionais, profesionais e empresas innovadoras do mar para abordar os retos e as oportunidades que ofrece a Costa da Morte para impulsar proxectos sostibles no territorio. A xornada contará na benvida institucional coa participación María José Cancelo (Directora Territorial da Consellería do Mar), María Jacqueline Lista (Presidenta da Agrupación de Mariscadoras de Camariñas e Secretaria do GALP Costa da Morte), e de Sergio Caamaño (Tenente Alcalde de Camariñas).

O programa inclúe a presentación da Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo do GALP Costa da Morte, información sobre liñas de apoio e axudas para proxectos innovadores, así como unha mesa de experiencias con empresas referentes, como Visor Faro - Cetmar, Orixe Salgada, Marisma BioMed, SeaBites Pet Care e EcoCelta. Estes relatarán os seus casos de éxito en innovación aplicada ao mar, desde tecnoloxía e biotecnoloxía ata propostas de economía circular.

As axudas, promoverán proxectos que valoricen o territorio, creen emprego, e fomenten a participación de mulleres e mocidade como relevo xeracional en actividades do sector pesqueiro ou ligadas ao territorio, fomentando a economía azul e o impulso do aproveitamento do patrimonio ambiental.

A xornada rematará cunha degustación de produtos galegos e a xeración de sinerxías entre os axentes do sector. A participación é aberta e gratuíta, cunha inscrición previa na ligazón: https://forms.gle/6HYRQpaUJ1osFgJT9

 

Día: venres, 28 de novembro de 2025

Hora: 17:15 a 20:30 h.

Lugar: Cofradía de Pescadores de Camariñas (A Coruña)

 

Más información e detalle do programa:

 Consultar programa completo

 Inscripcións: https://forms.gle/6HYRQpaUJ1osFgJT9

 Info: Evento “Innovando polo Mar” e axudas GALP Costa da Morte 2026 | Grupos de Acción Costeira

 

Contacto:

Correo electrónico: galp.mar.costadamorte@xunta.gal

Teléfono: 981 707 378 // 626 104 619

Persoas de contacto: Guillermo González - Xerente