Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

2ª fase de adxudicación de axudas proxectos non produtivos convocatoria 2019

Resolución da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro sobre a realización dunha segunda fase de adxudicación de axudas para proxectos de investimento non produtivo na convocatoria de 2019 ao abeiro das EDLP aprobadas aos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP)

A Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro RESOLVE non realizar unha nova fase de adxudicación de axudas para proxectos de investimento non produtivo para a convocatoria correspondente a este ano 2019

Debido a que se tiñan constatado erros e defectos na proposta de resolución dos proxectos produtivos de varios GALP, isto motivou a devolución dos respectivos expedientes, polo que tendo en conta que a día de hoxe non teñen sido resoltas as solicitudes relativas á primeira fase de adxudicación para proxectos de investimento non produtivos, cómpre ditar a resolución indicada de non realización dunha segunda fase de adxudicación de axudas na convocatoria correspondente á anualidade 2019.