
“Mulleres no mundo da pesca na Mariña Lucense”.
Este vídeo documental ten unha duración de 64 minutos e conta con entrevistas a numerosas mulleres que nos últimos anos participaron activamente no mundo da pesca na Mariña.
“O obxectivo deste proxecto é concienciar e poñer en valor o papel xogado polas mulleres ao longo da historia recente no mundo da pesca nesta contorna: un percorrido pola historia e evolución das súas condicións laborais e sociais, e as súas inquietudes”, destaca a organización. A documental conta con imaxes de arquivo e de actualidade, coa colaboración de diferentes autores que nos últimos anos participaron en traballos de recuperación da memoria e, sobre todo, coa intervención das principais protagonistas: as mulleres do mar.
“As mulleres sempre xogaron un papel importante no desenvolvemento económico da industria pesqueira”, lembran desde a agrupación. O seu papel no porto, así como os intercambios que realizan as mulleres, son o argumento principal deste vídeo, “que recolle testemuños de pescadoras, peixeiras e rederas, mariscadoras, mulleres que participan nos labores de descarga e estiba do peixe, traballadores da industria conserveira, así como mulleres empresarias e emprendedoras”.
A estrea deste documental fíxose de forma virtual debido á situación sanitaria e está dispoñible na nosa canle de Youtube : https://youtu.be/sshSvyEjN_0
Novas relacionadas:
https://industriaspesqueras.com/noticia-63961-seccion-Sector%20Pesquero