
O proxecto ten como finalidade acondicionar unha nave dotándoa do equipamento necesario para instalar unha fábrica de cervexa elaborada artesanalmente con auga de mar.
A promotora arrendará unha nave onde poder instalar a fábrica e unha pequena tenda, na que comercializará a súa propia cervexa e tamén outros dos produtos locais e artesanais que melloren e complementen.
O deseño das etiquetas ilustrativas do produto, a cervexa “Augas Santas – Cervexa Artesá da Mariña”, pretende atraer a atención cara á nosa costa, así como o mapa ilustrativo da Mariña Lucense na parte posterior das botellas.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
Posta en marcha dun negocio artesanal aproveitando os recursos do mar: trátase dunha empresa de elaboración de cervexa artesá, elaborada con auténtica auga de mar.
-
Proxecto de diversificación das actividades económicas da zona, promovido por unha muller.
-
Creación de emprego (1,08 ETC)
-
Promoción da costa lucense a través das etiquetas ilustrativas da cervexa, deseñadas para atraer a atención cara á costa da Mariña lucense.
-
Utilización de recursos do mar innovadores como materia prima (auga do mar) para elaborar unha cervexa que sirva á súa vez para promocionar a zona.
Acondicionamento dunha nave para a instalación dunha fábrica para elaborar cervexa artesá. A fábrica contará coas seguintes instalacións: oficina, recepción de persoas e mercadorías, baños, almacén de envases, almacén de materias primas, zona de produción.
2. Creación de emprego e oportunidades económicas a través da diversificación da economía local das zonas pesqueiras cara novas actividades económicas, entre elas as que ofrece o crecemento azul e os sectores marítimos en senso amplo, favorecendo a formación, a innovación e o fomento do emprego.
6. Fomento da cooperación.
2.1. Conseguir un modelo organizativo e innovador de desenvolvemento do sector pesqueiro na Mariña - Ortegal que garanta unha pesca e un aproveitamento sostible dos recursos mariños.
2.2. Crear e consolidar unha imaxe de marca do territorio da Mariña - Ortegal.
6.1. Incrementar a cooperación entre entidades do territorio e de fóra do territorio do GALP para reforzar a sinerxia e o establecemento de redes, na mellora dos diferentes sectores e no desenvolvemento das zonas pesqueiras.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)