Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Convite a participación no Foro da avaliación intermedia da Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo do GALP A Mariña-Ortegal

Estimada amiga ou estimado amigo,

O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro A Mariña Ortegal, está realizando a avaliación intermedia da Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca.

Este proceso de avaliación, que se pretendía que fose netamente participativo, vai a rematar coa realización dun Foro aberto ao conxunto de axentes do territorio. O seu obxectivo é o de poñer en coñecemento de todas as entidades da zona costeira os resultados deste proceso de avaliación e validar ao mesmo tempo as súas conclusións.
Esta reunión terá lugar o mércores día 8 de maio de 18:00 a 19:00 horas no Hotel Boavista (Nacional 642, Rúa Casanova, 32) en Viveiro.

Ao remate da reunión, ofrecerase un ágape aos participantes, elaborado a base de produtos pesqueiros locais.
Por este motivo, convidámoste a participar para que achegues a túa opinión. A túa participación neste proceso é imprescindible.

Podedes inscribirvos no mesmo a través do enderezo electrónico: galp.mar.marinaortegal@xunta.gal

Sen outro particular, aproveitamos para saudarte e agradecer a túa atenta colaboración.