O proxecto consiste na mellora tecnolóxica do pantalán do Clube Naútico de Ribadeo para dar resposta as necesidades dos diferentes colectivos sociais, profesionais e entidades públicas e privadas que están relacionadas co mundo do mar e a náutica, que desenvolven a súa actividade nas instalacións do RCNR e que teñen como obxectivo poñer en valor, dar a coñecer e protexer os recursos turísticos, medioambientais e culturais dispoñibles na contorna da Ría de Ribadeo e a Mariña Lucense. Do mesmo xeito buscarase a mellora das instalacións mediante o deseño de imaxes, chapas Braille e códigos QR para proporcionar acceso aos colectivos sociais e profesionais aos recursos mariños, costumes e tradición mariñeiras para unha maior vinculación co mar destas entidades.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
A primeira actuación consiste nunha actuación no pantalán. Buscase unha mellora tecnolóxica con respecto a situación actual. Ante os numerosos problemas que presenta a madeira natural en exterior e co fin de atopar unha madeira mellorada, a investigación dirixiuse cara á fabricación dunha madeira sintética que mantivese as propiedades estéticas da madeira tradicional pero máis duradeira en exterior e , sobre todo, máis fácil de coidar.
A segunda actuación, braille, códigos QR, buscar un obxectivo social, proporcionar acceso os colectivos sociais e profesionais os recursos mariños, costumes e tradicións mariñeiras, e unha maior vinculación co mar de estas entidades.
Dende o RCNC preténdese que os resultados das intervencións realizadas sexán trasladas ás entidades usuarias, por exemplo a Asociación Cultural Talameira para que logre un aumento da valoración do patrimonio cultural inmaterial ligado ao mar e ás tradicións mariñeiras por parte dos seus usuarios e ao Club de Actividades Subacuáticas Illa Pancha e CAS Costa de Lugo para a recuperación e valorización do patrimonio cultural material vinculado ao mar e ás actividades marítimo pesqueiras. Tamén se espera acadar unha maior inclusión da persoas con capacidades especiais nas actividades que realizan as distintas asociacións.
Co convenio MAREA VIVA, perséguese obter unha maior visibilidade da Confraría de Ribadeo como entidade xeradora de profesións mariñeiras, non só mariscadores e mariñeiros, senón biólogos, patróns,..e buscar unha remuda xeneracional nas profesions do mar.
O RCNR realizará as seguintes actuacións.
1. Unha primeira actuación no pantalán do porto, mediante a mellora do pavimento de madeira por pavimento tecnolóxico de resina.
Esta actuación busca unha mellora tecnolóxica do chan do pantalán. A madeira tradicional ao aire libre sofre variacións en aspecto e cor, atácanlle microorganismos e ademais agreta facilmente pola acción dos raios solares, auga e cambios de temperatura. Require da aplicación periódica de pinturas e vernices químicos para a súa conservación e que poden resultar tóxicos baixo un contacto continuado. Implica un esforzo e gasto innecesario cando no mercado existen materiais máis avanzados tecnoloxicamente que non empregar vernices, aceites, selladores ou pinturas e sen o ataque de microorganismos. Estamos a falar da madeira tecnolóxica. Trátase dunha mestura entre po de madeira e polímeros avanzados procedentes da reciclaxe que se unen entre si nunha matriz á que se incorporan axentes estabilizantes e selladores, con elo conséguese un material ecolóxico, de fibras recuperadas, evitando a talla de árbores e polímeros reciclados fáciles de procesar. Vantaxes: maior durabilidade, resistencia o sol e o salitre, non require mantemento, non é atacada por fungos e é antideslizante. Non só é reciclable, tamén se utilizan materiais reciclados ou mesmo refugallos da industria madeireira para a súa fabricación. Por tanto podemos afirmar que se trata dun material sostible e mellorado tecnoloxicamente. En canto as súas cualidades técnicas con respecto ao pavimento actual, acompañase memoria de mellora tecnoloxica.
2. Unha última actuación que sería o deseño de imaxes, chapas Braille e códigos QR en todas as instalacións do RCNR.
Esta actuación busca responder ás necesidades que nos transmiten os colectivos sociais e profesionais que utilizan as instalacións do RANR, asociacións, entidades privadas, (cruz roja, protección civil…) e profesionais (mariñeiros e mariscadores) coa instalación de códigos QR e chapas de Braille. Estes códigos QR, facilitaran información a todos os usuarios sobre as normas de uso dos servizos portuarios. Ademais engadirase outro código QR para divulgación dos recursos mariños, dende a vela latina, os pecios da Ría de Ribadeo e os recursos turísticos mariños da mesma Ría. O soporte incluirá unha lectura en braille para as persoas con capacidades especiais con fin de buscar o acceso a estes recursos, e completarase esta actuación coa integración de todos estos contidos na paxina web co fin de dar acceso a todas aquelas persoas que os utilicen os codigos QR.
OBXETIVO ESTRATÉXICO 1. Aumento do valor, creación de emprego, valoración e fomento da participación das mulleres, atracción de persoas mozas e promoción da innovación en todas as fases da cadea de produción e subministro dos produtos da pesca e da acuicultura, e a mellora da imaxe destes produtos e a actividade produtiva a nivel local para a súa incorporación á cultura alimentaria do territorio.
OBXETIVO ESPECÍFICO 1.2. Facer das actividades marítimo pesqueiras un ámbito de empregabilidade de colectivos menos favorecidos e de cohesión social na Mariña-Ortegal
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)

