Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Publicación dos resultados das presentacións orais dos proxectos de Relevo2020

Onte o alumnado que participa no programa RELEVO2020 tivo a portunidade de presentar oralmente os seus proxectos ao xurado. Trátase de iniciativas e ideas para tratar de garantir o relevo xeracional no mar dinamizando os territorios costeiros dos GALP Costa Sostible, Golfo Ártabro Norte, Golfo Ártabro Sur, A Mariña-Ortegal e Ría de Arousa. As calificacións outorgadas polo xurado ás exposicións de proxectos poden ser consultadas premendo no seguinte enlace:

/sites/default/files/valoracion_exposicion_oral_2.pdf

O próximo mércores 30 de xuño, as alumnas e alumnos coñecerán a puntuación definitiva dos seus proxectos, que xunto á puntuación acadada na fase presencial da formación, vai posicionar ao alumnado para optar a realizar unha viaxe de estudos a Euskadi no mes de setembro. Nesta visita participarán as xerencias dos grupos que forman parte do proxecto e 2 persoas do alumnado de cada territorio.