
O proxecto, que se desenvolverá no municipio de Cedeira, consiste en varias actuacións encamiñadas a valorizar a labor marisqueira, representada neste municipio polos percebeiros/as e as mariscadoras/es, desenvolvendo accións de sensibilización dirixidas a escolares e público en xeral e realizando asesoramento específico a este colectivo, co fin de manter a súa actividade produtiva.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
Valorización do labor marisqueiro e dignificación do seu oficio, mediante a execución de diversas accións de sensibilización dirixidas a escolares e público en xeral.
Realizar accións de sensibilización dirixidas a diferentes públicos (alumnado, público adulto) e visibilizar a actividade extractiva no municipio mediante dispositivos informativos sobre os produtos mariños (percebe, coquina, longueirón, ameixa, berberecho, ostra rizada...), os sistemas de extracción artesanal e a biodiversidade no litoral.
Dignificación dos oficios do mar o cal pode supoñer a atracción de novos efectivos laborais que poden ser facilitadores dun relevo xeracional.
Maior visibilización do labor pesqueiro e marisqueiro no municipio e súa importancia como actividade económica.
Potenciación da creación de novas liñas de negocio e xeración de novos proxectos profesionais vinculados aos oficios do mar
O proxecto desenvolverase no municipio de Cedeira e consistirá nunha serie de actuacións:
ACTIVIDADE I.OBRADOIROS DE SENSIBILIZACIÓN DIRIXIDOS A ESCOLARES DO MUNICIPIO, responde a necesidade de divulgar ante o alumnado a riqueza paisaxística litoral e a identidade do municipio ligada ao sector pesqueiro e mariñeiro, dignificando o labor desempeñado polas xentes do mar e o seu papel no coidado do medio, mediante métodos de extracción sustentables, como é a pesca de baixura e o marisqueo artesanal.
ACTIVIDADE 2.PROGRAMA DE RUTAS NO LITORAL, enxalzando o papel do marisqueo e outros oficios do mar. Esta actividade responde á necesidade de dar a coñecer ante o público xeral o rol que desempeñan os distintos oficios na cadea de valor e na formación da identidade da localidade, constituíndo unha parte moi relevante da economía local. Ademais, coa visitas a puntos clave do territorio, amósase os atributos diferenciais do municipio, dándolle maior relevancia ao coidado do medio mariño dende o propio territorio, dende a costa e dende infraestruturas clave, describindo a fisionomía e do pobo e a súa historia. .
ACTIVIDADE 3.DESEÑO E IMPLANTACIÓN DE PANEIS DIDÁCTICOS e organización de exposición anual durante a celebración de eventos. O carácter móbil destes paneis responde á necesidade de chegar a diversos públicos, no seo da propia programación do Concello e de equipamentos municipais con afluencia de visitantes, descentralizando a actividade no territorio, ademais da súa exposición nos centros educativos, co público escolar.
ACTIVIDADE 4.CREACIÓN DA IMAXE DO PROXECTO E BANCO DE FOTOGRAFÍAS PARA A SÚA DIFUSIÓN, responde á necesidade de transmitir a través dun imagotipo en todos os produtos unha serie de valores de sustentabilidade e potencialidades do sector, ligados ao patrimonio natural e inmaterial do pobo. As fotografías son necesarias para a confección de paneis e para ilustrar os contidos nos obradoiros con escolares, ademais de apoiarse das accións de comunicación realizadas dende o Concello á hora de diseminar os resultados e comunicar, durante a execución do proxecto os seus avances
1. Mellora da competitividade do sector pesqueiro, creación de emprego e atracción da mocidade, en especial a través do aumento do valor engadido dos produtos pesqueiros, da integración vertical, da innovación en todas as fases de cada subministro dos produtos pesqueiros; e garantir unha actividade sostible promovendo o uso eficiente dos recursos biolóxicos mariños
1.1. Consolidar o posicionamento do produto pesqueiro da Mariña-Ortegal.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)