A Confraría de San Ciprián, co fin de mellorar o servizo que presta a seus asociados, procederá a modernización tecnolóxica coa adquisición de equipos informáticos para poder garantir unha mellor xestión e eficiencia operativa, facendo máis competitiva a actividade pesqueira e contribuíndo ao desenvolvemento sostible e ao fortalecemento dá súa comunidade. Doutra banda, conseguirase optimizar os sistemas de co-xestión dos recursos mariños levados a cabo pola confraría para o cumprimento dos requisitos normativos de control, comercialización e rastrexabilidade dos produtos pesqueiros, mellorando o seguimento da cadea produtiva-extractiva a través de procedementos de trazabilidade, que inciden na calidade e seguridade alimentaria
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
como obxectivo preténdese acadar un modelo de desenvolvemento resiliente baseado na innovación e facendo sostible a economía na zona costeira a través da transición dixital (economía máis competitiva e adaptación ao mundo tecnolóxico.
Como obxectico específico preténdese desenvolver un produto pesqueiro de valor a través de melloras produtivas e organizativas no sector e nas actividades mariñeiras. Aunmentando as competencias dixitais e ferramentas aplicadas á actividade pesquera.
- Aumento das competencias dixitais e ferramentas aplicadas á actividade pesqueira.
- Mellora da xestión administrativa: Búscase axilizar o control e seguimento das normativas vixentes utilizando software actualizado para xestionar eficientemente actividades diarias, como rexistros e contabilidade, reducindo erros humanos.
- Optimización da comunicación comunicación entre os membros da confraría.
- Recompilación de datos con miras a unha xestión sustentable da pesca.
- Promoción da sustentabilidade: Utilizaranse ferramentas informáticas para monitorear o impacto ambiental das actividades pesqueiras, asegurando que se realicen de maneira sostible e conforme ás normativas.
- Facilitación da capacitación: Os membros terán acceso a equipos modernos e poderán participar en cursos en liña sobre técnicas de pesca, sustentabilidade e seguridade no mar.
- Fomento da dixitalización: Introducirase aos membros no uso de tecnoloxías dixitais.
As accións a desenvolver no proxecto consisten na adquisición e posta en marcha de equipos informáticos e auxiliares con isntalación de sistema operativo, e capacitación do persoal responsable do proxecto e membros da confraría.
OBXETIVO ESTRATÉXICO 1. Aumento do valor, creación de emprego, valorización e fomento da participación das mulleres, atracción de persoas mozas e promoción da innovación en todas as fases de cadea de producción e subministro dos produtos da pesca e a acuicultura, e a mellora da imaxe destes produtos e a actividade produtiva a nivel local para a súa incorporación á cultura alimentaria do territorio.
OBXETIVO ESPECÍFICO 1.1. Desenvolver un produto pesqueiro de valor a través de melloras produtivas e organizativas no sector e nas actividades mariñeiras.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)

