Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

VII Sesión Plenaria da REGP en Burela

Estes días o GALP A Mariña-Ortegal acolleu a VII Sesión Plenaria da rede Española de Grupos de Pesca, para deseñar o futuro do desenvolvemento Local Participativo.

Estas xornadas teñen o obxectivo principal de facilitar a cooperación e traballo en rede dos distintos Grupos para consolidar un presente sostible e un futuro viable para as comunidades pesqueiras.

O acto inaugural desta VII Sesión Plenaria da REGP foi aberto pola Conselleira do Mar Rosa Quintana, que salientou a gran labor dos GALP de Galicia como referentes en toda Europa.

Os asistentes á sesión tamén tiveron ocasión de visitar varios proxectos promovidos polo noso GALP durante este periodo 2014-2020:

  • Implantación de novo sistema de subasta na Lonxa de Burela
  • Desenvolvemento de novas liñas de negocio e ampliación e mellora das liñas de producción e distribución de Pescados Rubén.
  • A Aula do Mar de A Mariña, a primeira aula mariña inclusiva de toda Galicia
  • Exposición A Mariña Somerxida da empresa Maremasma

Aproveitamos a ocasión para dar as grazas a REGP por escoller o noso territorio para a celebración desta Sesión Plenaria e a todos os asistentes pola súa participación.