Lunes, 22 de Julio de 2024 - 12:07

Dende o GALP A Mariña-Ortegal temos o placer de convidarvos ao primeiro dos seis parladoiros que o GALP A Mariña- Ortegal levará a cabo no territorio no presente ano 2024.
A xornada terá lugar en Burela, o vindeiro sábado 3 de agosto de 11:00-13:00, no marco da XXII edición da Feira Produart.
A temática está enfocada na posta en valor e o papel dos distintivos e marcas comerciais como elementos que reforzan a comercialización, e por tanto o consumo, dun produto pesqueiro san, saudable, de calidade, pero sobre todo sostible e dunha pesquería responsable.
A xornada estará estruturada do seguinte xeito:
- Presentación xeral da estratexia do GALP A Mariña-Ortegal e o programa de axudas FEMPA 2021-2027.
- Espazo de networking donde se compartan experiencias inspiradoras que sirvan de base para favorecer o xurdimento de proxectos innovadores, ligados ao desenvolvemento sostible.
- Espazo participativo, no que se fomente e apoie o xurdimento de iniciativas empresariais e sociais, a creatividade de proxectos e oportunidades de negocio, empregando o FEMPA como unha ferramenta de apoio/financiamento para o desenvolvemento local participativo.
- Degustación de produto mariñeiro


