
O próximo 28 de novembro de 2025 celebrarase a xornada "Innovando polo Mar" na Confraría de Pescadores de Camariñas, un encontro deseñado para explorar os éxitos e proxectos innovadores vinculados ao mar e de potencial aplicación na Costa da Morte. Esta iniciativa é organizada no marco do Programa Horizontes Mariñeiros do GALP Costa da Morte 2021-2027, financiado pola Unión Europea e a Xunta de Galicia.
Durante esta xornada, os asistentes poderán coñecer de primeira man proxectos de innovación asociada ao mar, coa presentación de cinco iniciativas que mostran o potencial da biotecnoloxía mariña, ferramentas tecnolóxicas para a observación marítima e a valorización sostible de recursos mariños, entre outras.
O evento servirá tamén para dar a coñecer as liñas de axudas GALP Costa da Morte 2026, que ofrecen apoio financeiro a proxectos vinculados ao sector pesqueiro e marisqueiro na rexión. Guillermo González Diez, xerente do GALP Costa da Morte, explicará as principais liñas de apoio, tipos de proxectos financiables e o procedemento para presentar solicitudes, convidando a emprendedores, empresas e colectivos relacionados a aproveitar esta oportunidade para impulsar as súas iniciativas.
O programa completo está dispoñible en https://drive.google.com/file/d/1ngR0O87M2BjV_VWtBDGGX3t6qe0rzJCA/view?usp=sharing e quen desexe participar, poden inscribirse no formulario https://forms.gle/D5bGQHwqqLWcdXvS9. Ademais, ao final da xornada realizarase unha degustación de produtos galegos, destacando o compromiso coa promoción do sector local e a sustentabilidade.
Esta xornada será clave para quen cre nun futuro sostible e próspero para a pesca artesanal na Costa da Morte, combinando a tradición coa innovación para mellorar a economía local e protexer a contorna marítima.



