Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

FAM TRIP A RUTA DOS FAROS GALP COSTA DA MORTE

FAM TRIP A RUTA DOS FAROS GALP COSTA DA MORTE

Os Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro Costa da Morte, Costa Sostible e Ría de Arousa celebran a última xornada de familiarización para a Ruta dos Faros de Galicia.

 

O GALP Costa da Morte convida o vindeiro luns 3 de decembro ás empresas de Mar Galaica, do seu ámbito de actuación así como a aquelas dos territorios limítrofes, a participar nunha xornada de familiarización da Ruta dos Faros de Galicia.

Esta actividade encádrase nun proxecto de cooperación que involucra a tódolos GALP galegos buscando converter ao persoal dos establecementos do territorio nos principais prescriptores da Ruta dos Faros.

Para elo deseñouse un programa que contempla a visita a recursos fundamentais deste territorio complementándoas cunha xornada de traballo e unha sesión de networking que remata cun pincho de inspiración mariñeira.

As persoas interesadas en participar poderán inscribirse cubrindo o cuestionario ao que se accede premendo na seguinte ligazón: http://bit.ly/FamTripsRutadosFaros

Tamén poderán facer uso do transporte público específico que fará paradas ás 8:00 en FEXDEGA, ás 8:20 na gasolineira da entrada de Rianxo e no concello de Muros ás 8:30.

Este evento contará cunha visita o Faro Vilán, o Secadoiro de Congro, o Santuario da Virxe da Barca, o Museo Man e farase a ruta da Mariscadora e a dos Naufraxios. O Rincón da Baiuca será o local encargado do pincho mariñeiro.

PROGRAMA:

08:00 – Recollida de participantes en FEXDEGA (Vilagarcía de Arousa)

08:20 – Recollida de participantes na gasolineira da entrada de Rianxo.

08:30 – Recollida de participantes no Concello de Muros

10:00 – Presentación da ruta dos Faros no Faro Vilán.

11:00 – Elevator pitch

12:45 – Visita ao Secadoiro de congro

13:45 – Selfie en Santuario Virxe da Barca

14:30 – Pincho mariñeiro en O Rincón da Baiuca

15:30 – Ruta da Mariscadora

16:30 – Ruta dos Naufraxios

18:00 – Visita ao Museo Man de Camelle

19:00 – Volta aos puntos de recollida