Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

PROXECTO COOPERACIÓN: RELEVO XERACIONAL - O FUTURO DO MAR

 

O Galp Costa da Morte é beneficiario da axuda autonómica a proxectos de cooperación interterritoriais e transnacionais dos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP) ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP) no marco do Fondo Europeo Marítima, da Pesca e de Acuicultura  (FEMPA) 2021-2027, que se convocaron para o  2025, co proxecto Relevo Xeracional: O futuro do Mar.

Este proxecto pretende asegurar o futuro das profesións ligadas ao mar en Galicia, promovendo a Formación profesional dual marítimo-pesqueira como vía para atraer á mocidade, mellorar a empregabilidade  e reforzar a sustentabilidade do modelo produtivo.

O proxecto levarase a cabo en dúas anualidades, 2025 e 2026. O orzamento total financiado ascende a 145.520,88 € €, correspondéndolle un total de 18.190,11 € ao Galp Costa da Morte.

Esta actuación está cofinanciada polo FEMPA nun 70% e un 30% pola Comunidade Autónoma.

/sites/default/files/pe155b-2025-00001_-_placa_fempa_0.pdf