Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

PROXECTO DE COOPERACIÓN: PESCA SAÚDE - CONSUMO DE PRODUTO PESQUEIRO ALIMENTACIÓN SAUDABLE

O Galp Costa da Morte é beneficiario da axuda autonómica a proxectos de cooperación interterritoriais e transnacionais dos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP) ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP) no marco do Fondo Europeo Marítima, da Pesca e de Acuicultura  (FEMPA) 2021-2027, que se convocaron para o  2025, co proxecto Pesca Saúde: Consumo de produto pesqueiro alimentación saudable.

O proxecto pon o foco na alimentación equilibrada a través do consumo de produtos pesqueiros e  nos seus beneficios para a saúde e benestar da poboación. A prevención e coidado da saúde supón incorporar hábitos alimenticios e estilo de vida saudables.

/sites/default/files/presentacion-pesca-saude.pdf

O proxecto levarase a cabo en dúas anualidades, 2025 e 2026. O orzamento total financiado ascende a 199.976,68 € €, correspondéndolle un total de 28.568,10 € ao Galp Costa da Morte.

/sites/default/files/pe155b-2025-00003_-_placa_fempa_costa_da_morte.pdf