
Entrevista #QuedaCoNosoMar a Rosa M. Bermúdez Castro, Percebeira natural de Camelle.
1.Igual que sucede noutras actividades, a crise provocado polo Covid-19 é complicada para o sector. Como afronta esta situación?
Non saltamos ás pedras dende que se decretou o estado de alarma. Non temos compradores, o percebe non é un produto de primeira necesidade, é un produto Gourmet. Agora plantexamos probar a ir a mariscar un par de días e facer venta online para ir probando como responde o mercado.
2.No voso caso faise complicado cumprir coas normas de distanciamento e seguridade que esixe o estado de alarma.
Si, moi difícil, no meu caso, son Armadora e Patrona dunha embarcación de 5,80 de eslora, con permiso de marisqueo a flote, con 3 mariñeiras a bordo, dificilmente podemos respectar o distanciamento e cando saltamos á pedra estamos varios compañeiros apañando.
E a seguridade, o uso da máscara, vexo complicado. Dende que che voe co vento ó ir na embarcación, ata que se che desfaga co mar, continuamente salpicando... Facemos un esforzo físico grande, coller aire para saltar á pedra, correr para escaparlle o mar...
Temos que agradecer as doazóns de máscaras que recibimos tanto da Garda Civil coma da Consellería do Mar, pero son insuficientes.
4.Como se plantexan o día a día, solicitou algunha axuda?
Estamos pasando unha situación crítica, vivimos ó día, ver a embarcación en terra encólleme o corazón. Tramitei un erte, que teño en recurso, porque me foi denegado por considerar que non é forza maior, solicitei o cese de actividade, pero de momento non teño nin contestación nin axuda, mais alá da familiar.
3.Cal considera que é a importancia do sector do mar e, mais concretamente, da súa actividade, para a sociedade e a economía local?
En Camelle, o impacto é grandísimo, mulleres e homes, todos, vivimos do mar. Somos moitas familias de percebeiros afectadas
Sairemos desta, porque somos xente do mar, xente forte, xente unida coma o percebe, somos “piña”.

