O proxecto ten como finalidade a adquisición dun vehículo con cámara isotérmica e certificado ATP, destinado ao transporte eficiente e seguro da materia prima pesqueira desde as zonas de captura ata o punto de venda. Esta nova furgoneta permitirá garantir a conservación da cadea de frío, mellorar a trazabilidade e hixiene dos produtos e introducir novos procesos loxísticos que dean resposta ás esixencias actuais do mercado.
A iniciativa permitirá tamén abrir novas canles de comercialización, xa que o vehículo facilitará a entrega directa dos produtos a diferentes puntos da xeografía galega, sen depender exclusivamente da lonxa como centro de venda. O vehículo dispón dunha tecnoloxía máis eficiente, con clasificación enerxética cero, o que contribúe á redución de emisións de CO₂ e á mellora da sustentabilidade ambiental da actividade pesqueira.
Ademais, o promotor realiza labores de vixilancia ambiental nas zonas de cría, co obxectivo de conservar os ecosistemas mariños e previr o furtivismo, polo que o vehículo facilitará tamén esta tarefa.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
-
Mellorar a conservación e trazabilidade da materia prima durante o seu transporte.
-
Garantir a calidade e seguridade alimentaria dos produtos pesqueiros desde a captura ata a venda.
-
Ampliar e diversificar as canles de comercialización mediante loxística directa.
-
Reducir a pegada de carbono e o consumo enerxético da empresa.
-
Optimizar os procesos internos, facilitando o desenvolvemento da actividade diaria.
-
Apoiar as actividades de vixilancia ambiental e control do furtivismo nas zonas de produción.
-
Garantía dunha cadea de frío constante ata o destino final.
-
Mellora da imaxe do produto e incremento do seu valor nos mercados locais.
-
Redución das emisións de CO₂ grazas ao uso dun vehículo máis eficiente.
-
Consolidación do emprego vinculado á actividade da empresa.
-
Ampliación da rede de distribución e incremento das vendas.
-
Contribución á sustentabilidade e á protección do medio mariño.
-
Compra dun vehículo con cámara isotérmica e certificado ATP.
-
Posta en marcha dunha nova loxística de distribución directa dos produtos pesqueiros.
-
Integración do vehículo nas tarefas de transporte e entrega da materia prima.
-
Emprego do vehículo como apoio nas tarefas de vixilancia ambiental nas zonas de cría e control do furtivismo.
Obxectivo estratéxico 1: Aumento do valor, creación de emprego, valorización e fomento da participación das mulleres, atracción de persoas mozas e promoción da innovación en todas as fases da cadea de produción e subministro dos produtos da pesca e da acuicultura, e a mellora da imaxe destes produtos e a actividade produtiva a nivel local para a súa incorporación á cultura alimentaria do territorio.
Obxectivo específico 1.2: Promover prácticas sostibles, mellora das condicións laborais e reducción da contaminación derivada da actividade pesqueira e acuícola.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)

