Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Vehículo con isotermo para comercializar o noso producto e chegar a tódolos domicilios

O proxecto ten como finalidade a adquisición dun vehículo con cámara isotérmica e certificado ATP, destinado ao transporte eficiente e seguro da materia prima pesqueira desde as zonas de captura ata o punto de venda. Esta nova furgoneta permitirá garantir a conservación da cadea de frío, mellorar a trazabilidade e hixiene dos produtos e introducir novos procesos loxísticos que dean resposta ás esixencias actuais do mercado.

A iniciativa permitirá tamén abrir novas canles de comercialización, xa que o vehículo facilitará a entrega directa dos produtos a diferentes puntos da xeografía galega, sen depender exclusivamente da lonxa como centro de venda. O vehículo dispón dunha tecnoloxía máis eficiente, con clasificación enerxética cero, o que contribúe á redución de emisións de CO₂ e á mellora da sustentabilidade ambiental da actividade pesqueira.

Ademais, o promotor realiza labores de vixilancia ambiental nas zonas de cría, co obxectivo de conservar os ecosistemas mariños e previr o furtivismo, polo que o vehículo facilitará tamén esta tarefa.

Datos xerais
Acrónimo: 
-
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
Antonio Geada Uzal
Datos de interese: 
-
Perfil empresarial: 
Autónomo
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
Orde do 12 de febreiro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao amparo da EDLP, aprobadas a os GALP no marco dos fondos FEMPA, correspondentes ao ano 2025.
Convocatoria - ano: 
2025
Data de aprobación: 
11/08/2025
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
8
Anualidades: 
2025
Data fin de execución: 
31/10/2025
Ámbito de aplicación: 

Golfo Ártabro Sur

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
32.728,04
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
32.728,04
Total axuda pública aprobada (€): 
32.728,04
% Subvención: 
100
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
22.909,63
FEMP (%): 
70
CA (€): 
9.818,41
CA (%): 
30
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
-
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
1
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
0
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 
  • Mellorar a conservación e trazabilidade da materia prima durante o seu transporte.

  • Garantir a calidade e seguridade alimentaria dos produtos pesqueiros desde a captura ata a venda.

  • Ampliar e diversificar as canles de comercialización mediante loxística directa.

  • Reducir a pegada de carbono e o consumo enerxético da empresa.

  • Optimizar os procesos internos, facilitando o desenvolvemento da actividade diaria.

  • Apoiar as actividades de vixilancia ambiental e control do furtivismo nas zonas de produción.

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 
  • Garantía dunha cadea de frío constante ata o destino final.

  • Mellora da imaxe do produto e incremento do seu valor nos mercados locais.

  • Redución das emisións de CO₂ grazas ao uso dun vehículo máis eficiente.

  • Consolidación do emprego vinculado á actividade da empresa.

  • Ampliación da rede de distribución e incremento das vendas.

  • Contribución á sustentabilidade e á protección do medio mariño.

Principais actividades do proxecto: 
  • Compra dun vehículo con cámara isotérmica e certificado ATP.

  • Posta en marcha dunha nova loxística de distribución directa dos produtos pesqueiros.

  • Integración do vehículo nas tarefas de transporte e entrega da materia prima.

  • Emprego do vehículo como apoio nas tarefas de vixilancia ambiental nas zonas de cría e control do furtivismo.

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

Obxectivo estratéxico 1: Aumento do valor, creación de emprego, valorización e fomento da participación das mulleres, atracción de persoas mozas e promoción da innovación en todas as fases da cadea de produción e subministro dos produtos da pesca e da acuicultura, e a mellora da imaxe destes produtos e a actividade produtiva a nivel local para a súa incorporación á cultura alimentaria do territorio. 

Obxectivo específico da EDLP: 

Obxectivo específico 1.2: Promover prácticas sostibles, mellora das condicións laborais e reducción da contaminación derivada da actividade pesqueira e acuícola. 

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)