Miércoles, 27 de Abril de 2022 - 12:04

Escolma de proxectos que foron tramitados no GALP Golfo Ártabro Norte na Convocatoria 2021, e que obtiveron unha axuda do Programa FEMP 2014-2020 da Consellería do Mar.
O día 20 de abril foron presentados á Asemblea Xeral do GALP Golfo Ártabro Norte, nunha xornada onde cinco promotores contaron presencialmente aos socios e socias deste GALP o seu proxecto e a súa experiencia coas axudas do Programa FEMP.