Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Listaxe provisional de admitidos no proceso de selección de persoal administrativo do GALP Ría de Pontevedra

Rematado o prazo para a presentación de solicitudes, tal como se indica no punto 7 das bases reguladoras, procédese á publicación da lista provisional de persoas admitidas para concorrer a este proceso. A lista provisional de persoas admitidas conterá a relación de persoas que poden optar ás diferentes probas e tamén a relación de persoas excluídas, coa indicación dos motivos que orixinaron a súa exclusión.

A partir da data de publicación, 24 de agosto de 2017, as persoas que resultaran excluídas poderán presentar a correspondente reclamación, se o estiman oportuno, para enmendar os defectos que motivaron tal exclusión. O prazo máximo para a presentación da documentación para a subsanación de defectos rematará 2 días hábiles despois, contados desde o día seguinte ao da publicación da lista provisional de persoas admitidas. As persoas que resultaran excluídas por presentar a solicitude fóra de prazo ou non remitir o correo electrónico de confirmación en prazo, quedarán excluídas definitivamente do proceso.

A reclamación realizarase por escrito, e presentarase ou remitirase por correo postal certificado á sede do GALP en Departamento de Exportadores, 14. Lonxa do Porto de Marín –Pontevedra (luns a venres de 9 a 14 horas).  Será requisito obrigatorio realizar unha comunicación por correo electrónico ao enderezo de correo electrónico selecciongalp6@gmail.com, de que se enviou tal reclamación.

Transcorrido este prazo procederase á confección da lista definitiva de persoas admitidas para este proceso, na cal se indicará a data e lugar para a realización da proba escrita, que en ningún caso, terá lugar antes do transcurso de 48 horas, a contar dende a publicación das listas definitivas de persoas aspirantes admitidas.