Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Contratación dunha Asistencia técnica para a implantación e cumprimento do Regulamento Xeral de Protección de Datos (RGPD) no GALP Ría de Pontevedra

O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro da Ría de Pontevedra ten asinado un convenio coa Consellería do Mar para a xestión das axudas do Fondo Europeo Marítimo e da Pesca ao abeiro da Estratexia de Desenvolvemento Local participativo que implican, para o Grupo, a xestión de expedientes tanto de solicitude de axuda como de xustificación dos mesmos. Ademais o Grupo debe xustificar perante a Consellería do Mar os seus gastos con carácter trimestral e, en xeral, cumprir coas condicións de xestión establecidas no Convenio de referencia.

A Xunta Directiva do GALP acordou a contratación dunha asistencia técnica para a implantación e cumprimento da nova lexislación de protección de datos.
Con este motivo solicitamos a súa mellor oferta para o devandito servizo:
Na oferta deberá especificarse:


- Perfil profesional e experiencia previa do equipo de traballo que realizará a Asistencia técnica.
- Alcance da oferta