Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

O GALP Ría de Pontevedra o proceso de contratación para a realización dunha Asistencia Técnica para asesoramento a promotores na convocatoria Marzo – 2019

O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro da Ría de Pontevedra foi recoñecido como entidade colaboradora pola Consellería do Mar para o desenvolvemento sostible das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e da Pesca 2014 – 2020.

O Grupo asinou un convenio coa Consellería do Mar en virtude do que, o Grupo deberá contribuír á dinamización da presentación de proxectos ás convocatorias anuais de axudas.

Por este motivo, o Grupo solicita a súa mellor oferta para a prestación dunha Asistencia Técnica para o asesoramento a promotores nos primeiros meses do ano – xaneiro e febreiro-.

Na oferta deberá incluírse:

  • Oferta técnica coa descrición das actuacións a realizar e melloras que se ofertan.
  • Oferta económica polo importe da Asistencia Técnica, desagregada nas diferentes partidas e conceptos do traballo a desenvolver e con especificación do IVE.
  • Anexos a contratación segundo modelos anexos remitidos polo GALP.
  • Acreditación de estar en disposición de contratar de acordo coas condicións establecidas no Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público para contratar co Sector Público.

Condicións técnicas da oferta: