Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

UN MAR DE ILUSIÓNS

De Jueves, 24 de Octubre de 2019 - 09:10 hasta Lunes, 28 de Octubre de 2019 - 03:10
O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Golfo Ártabro Sur achega ás persoas con diversidade funcional ao mundo mariñeiro a través de “Un mar de ilusións”. Esta actividade, que se desenvolverá o 28 de outubro ás 10:30 horas na lonxa de Sada, pretende que os participantes coñezan máis sobre os pesqueiros e sexan partícipes dunha poxa de peixe. O evento contará cunha representación teatral a cargo da asociación Melandrainas e constará de dous talleres. O primeiro terá relación co medio ambiente, e nel falarase de residuos mariños, como previlos e reducilos e o labor tan importante que desempeñan os pescadores para conseguilo. No segundo taller realizarase un mural no que se representarán os fondos mariños. A actividade organizada polo Golfo Ártabro Sur contará coa colaboración da Confraría de Pescadores de Sada, a Asociación de Armadores de Cerco de Galicia (ACERGA), do Concello de Sada e do patrón do cerqueiro OLNADI, que protagonizará a descarga ficticia de peixe na lonxa do porto de Sada.