Jueves, 24 de Octubre de 2019 - 06:10

O día 24 de outubro de 2019 realizouse no Edificio “Virxe do Carme” do Porto de Vigo, unha xornada de presentación de proxectos aprobados pola Consellería do Mar na zona GALP Ría de Vigo – A Guarda.
Os promotores presentaron os seguintes proxectos:
- Albergue Estela do mar: Estela do mar, Sociedade cooperativa galega
- Creación dun centro loxístico para fabricación, mantemento e reparación naval: Servalci, S.L.
- A Guarda, Mar de sal: Posta en valor das salinas romanas do Seixal e Camposancos como recurso patrimonial e turístico: Concello de A Guarda
- Innovación na autoxestión das algas a través da co-compostaxe de materiais: Confraría de pescadores “Pedra de Oliveira” de Vilaboa
- Implantación da plataforma Xesmar na Confraría de Redondela: Confraría de pescadores “San Juan” de Redondela
- Aulamar: Concello de Moaña
- Moaña libre de plásticos: Concello de Moaña
- Mares de altura e gran altura: un portal á historia da nosa xente e da nosa industria: ANAMER
- Casa rural “O Facho”: Cachopido, S.L.
- Julio Verne Náutica: Veruela, S.L.
- Coñecendo os recunchos da nosa ría: Tierra y mar multiaventura, S.L.
- Hostel Baionamar: Hostel Baiona Atlántico, S.L.
- Albergue en A Guarda: Estela do mar, Sociedade cooperativa galega
- Un mar de oportunidades: Confraría de pescadores “San Francisco” de Vigo
- Polbo das Illas: Susións e Hijos, S.L.

