Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Rehabilitación de vivenda antiga fábrica de salazón como establecemento hoteleiro

A casa do Tella e Rosalía

Este proxeto aborda a rehabilitación dunha vivenda para uso hostaleiro, buscando complementar o proxecto iniciado polos netos dos antigos propietarios coa posta en marcha do Restaurante Casa do Tella e Rosalía na planta baixa do edificio. A construcción na que se levará a cabo a actuación foi inicialmente unha fábrica de salgadura, reahabilitouse inicialmente como vivenda e dente o ano 2014 ubicouse na pranta baixa o Restaurante Casa do Tella e Rosalía que aposta polo produto local e a promoción do peixe azul, principal produto de Portosín, recoñecido como o mellor porto do cerco de Galicia. O porto atópase fronte o edificio que vai ser rehabilitado.

Trátase dun aloxamento sostible, xa que optimiza o uso dos recursos mediambientais para reducir o impacto no entorno e, en consecuencia, disminuir  a pegada de carbono. Para iso dotarase de xeotermia, fará uso da iluminación Led e de sistemas de detección e instalara grifería automatizada que permite reducir ata un 50% o desperdicio de auga. Nese ámbito traballarase tamén na concienciación mediante a incorporación de mensaxes dirixidos aos hóspedes para reducir o cambio de toallas. Tamén se colocarán nos baños amenities ecolóxicos ou dispensadores para disminuir o número de residuos que se xera con estes envases e utilizará produtos de limpeza biodegradables a efectos de coidar o medio mariño e o recurso pesqueiro da localidade, sendo outro aspecto a destacar o fomento de emprego local e do produto de proximidade.

A oferta será de dez prazas de aloxamento distribuídas en cinco habitacións. As habitacións adaptaranse aos estándares de calidade e sostibilidade actualmente demandados. Disporán de wifi e climatización. O establecemento disporá das medidas de accesibilidade necesarias a través dun elevador externo respectando o carácter patrimonial da edificación e disporá dunha habitacións accesible.

Ao mesmo tempo, na decoración das habitacións faranse referencias á identidade mariñeira da localidade e a marca que identifica o seu recurso pesqueiro Azul de Portosón adaptando a súa imaxe corporativa a distintos detalles como a nomenclatura das habitacións.

A finalidade do proxecto e que as dúas actividades que explota a sociedade se alimenten reciprocamente unha da outra, sendo un servizo a maiores para os clientes do restaurante que se trasladan especifícamente a degustar o seu menú, e sendo ao mesmo tempo o restaurante un servizo complementario para os usuarios do aloxamento.

Exemplo desta reciprocidade, será o paquete que se ofertará con opción a menú degustación no restaurante.

Ademais a entidade promotora contribuirá ao potenciamento do turismo mariñeiro no territorio, ofrecendo aos usuarios do aloxamento visitas guiadas ao porto, para que os visitantes poidan ver a descargar dos barcos do cerco, a poxa do peixe, e a posibilidade de coñercer un barco do cerco por dentro, así como de intercambiar impresións cos mariñeiros da confraría; isto farao a través da oferta dun obradoiro de cociña onde os participante elaborarán un menú do peixe azul, despois da visita guiada, sendo a especialidade do restaurante o cebiche da xarda. A oferta destes obradoiros farase en época baixas contribuíndo deste xeito á desestacionalidade. Para ilo conta cun acordo de colaboración coa confraría de Portosín.

 

 

Datos xerais
Acrónimo: 
-
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
CASA DO TELLA PORTOSÍN,S.L.
Datos de interese: 
https://www.instagram.com/casadotella https://www.casadotella.com
Perfil empresarial: 
Sociedade Limitada
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
Orde do 28 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP) aprobadas aos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP)
Convocatoria - ano: 
2024
Data de aprobación: 
31/05/2024
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
19
Anualidades: 
2024-2025
Data fin de execución: 
31/10/2025
Ámbito de aplicación: 

Portosín

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
383.029,99 €
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
383.029,99 €
Total axuda pública aprobada (€): 
191.515,00 €
% Subvención: 
50%
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
134.060,50 €
FEMP (%): 
70%
CA (€): 
57.454,50 €
CA (%): 
30%
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
1
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
-
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
Non
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 

1. Satisfacer  a demanda de aloxamento de calidade na localidade de Portosín.

2. Diferenciación como un aloxamento sostible e comprometido co entorno.

3. Promoción dos recursos pesqueiros da localidade a través de menús degustación e obradoiros de cociña.

4. Contribuir á dinamización empresarial da localidade dotando de uso a totalidade do inmoble a rehabilitar.

5. Por en valor a identidade mariñeira do porto de Portosín.

6. Contribuír á desestacionalización da actividade turística, a través da oferta de experiencias.

7. Por en valor o patrimonio industrial mariñeiro, dotando de uso a parte superior dunha fábrica de salgadura.

8. Fomentar o emprego local e o produto de proximidade.

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 

-Contribuír a satisfacer unha demanda de aloxamento de calidade da localidade.

- Promocionar os produtos pesqueiros da localidade.

-Contribuír ao posicionamento da marca Azul de Portosín.

-Creación dun posto de traballo.

-Por en valor o patrimonio industrial mariñeiro existente na localidade.

-Posicionarse como aloxamento sostible e de fomento do produto local no ámbito da Ría Muros Noia.

-Potenciar o turismo mariñeiro da Ría Muros Noia a través da realización dos obradoiros de cociña.

 

Principais actividades do proxecto: 

-Oferta de aloxamento de calidade nunha localidade cunha oferta precaria en realación ao número de visitantes.

-Concienciación na sostibilidade a través da xestión do propio establecemento.

-Oferta de aloxamento con menú degustación composto por peixe azul e da lonxa de Portosín.

-Realización de obradoiros de cociña, para un mínimo de catro persoas, que constarán dunha visita guiada ao Porto de Portosín, onde poidan observar a descarga do peixe, a poxa e o interior dos barcos de cerco que se encargan das capturas, así como intercambiar impresións cos mariñeiros,. Logo no establecemento de restauraciñon a promotora ensinará aos participantes as particularidades do peixe azul, e tentarase que os participantes elaboren un menú que logo degustarán.

 

 

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

Obxectivo Estratéxico 2. Economía Azul&Diversificación

Fomento da economía azul nas zonas pesqueiras e acuícolas mediante o apoio a diversificación dentro e fóra do sector da pesca comercial, a apredizaxe permanente e a creación de emprego nas zonas pesqueiras e acuícolas.

Obxectivo específico da EDLP: 

2.4. Racionalización na oferta de aloxamento turístico e mellora da inclusión.

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)