
Este proxeto aborda a rehabilitación dunha vivenda para uso hostaleiro, buscando complementar o proxecto iniciado polos netos dos antigos propietarios coa posta en marcha do Restaurante Casa do Tella e Rosalía na planta baixa do edificio. A construcción na que se levará a cabo a actuación foi inicialmente unha fábrica de salgadura, reahabilitouse inicialmente como vivenda e dente o ano 2014 ubicouse na pranta baixa o Restaurante Casa do Tella e Rosalía que aposta polo produto local e a promoción do peixe azul, principal produto de Portosín, recoñecido como o mellor porto do cerco de Galicia. O porto atópase fronte o edificio que vai ser rehabilitado.
Trátase dun aloxamento sostible, xa que optimiza o uso dos recursos mediambientais para reducir o impacto no entorno e, en consecuencia, disminuir a pegada de carbono. Para iso dotarase de xeotermia, fará uso da iluminación Led e de sistemas de detección e instalara grifería automatizada que permite reducir ata un 50% o desperdicio de auga. Nese ámbito traballarase tamén na concienciación mediante a incorporación de mensaxes dirixidos aos hóspedes para reducir o cambio de toallas. Tamén se colocarán nos baños amenities ecolóxicos ou dispensadores para disminuir o número de residuos que se xera con estes envases e utilizará produtos de limpeza biodegradables a efectos de coidar o medio mariño e o recurso pesqueiro da localidade, sendo outro aspecto a destacar o fomento de emprego local e do produto de proximidade.
A oferta será de dez prazas de aloxamento distribuídas en cinco habitacións. As habitacións adaptaranse aos estándares de calidade e sostibilidade actualmente demandados. Disporán de wifi e climatización. O establecemento disporá das medidas de accesibilidade necesarias a través dun elevador externo respectando o carácter patrimonial da edificación e disporá dunha habitacións accesible.
Ao mesmo tempo, na decoración das habitacións faranse referencias á identidade mariñeira da localidade e a marca que identifica o seu recurso pesqueiro Azul de Portosón adaptando a súa imaxe corporativa a distintos detalles como a nomenclatura das habitacións.
A finalidade do proxecto e que as dúas actividades que explota a sociedade se alimenten reciprocamente unha da outra, sendo un servizo a maiores para os clientes do restaurante que se trasladan especifícamente a degustar o seu menú, e sendo ao mesmo tempo o restaurante un servizo complementario para os usuarios do aloxamento.
Exemplo desta reciprocidade, será o paquete que se ofertará con opción a menú degustación no restaurante.
Ademais a entidade promotora contribuirá ao potenciamento do turismo mariñeiro no territorio, ofrecendo aos usuarios do aloxamento visitas guiadas ao porto, para que os visitantes poidan ver a descargar dos barcos do cerco, a poxa do peixe, e a posibilidade de coñercer un barco do cerco por dentro, así como de intercambiar impresións cos mariñeiros da confraría; isto farao a través da oferta dun obradoiro de cociña onde os participante elaborarán un menú do peixe azul, despois da visita guiada, sendo a especialidade do restaurante o cebiche da xarda. A oferta destes obradoiros farase en época baixas contribuíndo deste xeito á desestacionalidade. Para ilo conta cun acordo de colaboración coa confraría de Portosín.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
1. Satisfacer a demanda de aloxamento de calidade na localidade de Portosín.
2. Diferenciación como un aloxamento sostible e comprometido co entorno.
3. Promoción dos recursos pesqueiros da localidade a través de menús degustación e obradoiros de cociña.
4. Contribuir á dinamización empresarial da localidade dotando de uso a totalidade do inmoble a rehabilitar.
5. Por en valor a identidade mariñeira do porto de Portosín.
6. Contribuír á desestacionalización da actividade turística, a través da oferta de experiencias.
7. Por en valor o patrimonio industrial mariñeiro, dotando de uso a parte superior dunha fábrica de salgadura.
8. Fomentar o emprego local e o produto de proximidade.
-Contribuír a satisfacer unha demanda de aloxamento de calidade da localidade.
- Promocionar os produtos pesqueiros da localidade.
-Contribuír ao posicionamento da marca Azul de Portosín.
-Creación dun posto de traballo.
-Por en valor o patrimonio industrial mariñeiro existente na localidade.
-Posicionarse como aloxamento sostible e de fomento do produto local no ámbito da Ría Muros Noia.
-Potenciar o turismo mariñeiro da Ría Muros Noia a través da realización dos obradoiros de cociña.
-Oferta de aloxamento de calidade nunha localidade cunha oferta precaria en realación ao número de visitantes.
-Concienciación na sostibilidade a través da xestión do propio establecemento.
-Oferta de aloxamento con menú degustación composto por peixe azul e da lonxa de Portosín.
-Realización de obradoiros de cociña, para un mínimo de catro persoas, que constarán dunha visita guiada ao Porto de Portosín, onde poidan observar a descarga do peixe, a poxa e o interior dos barcos de cerco que se encargan das capturas, así como intercambiar impresións cos mariñeiros,. Logo no establecemento de restauraciñon a promotora ensinará aos participantes as particularidades do peixe azul, e tentarase que os participantes elaboren un menú que logo degustarán.
Obxectivo Estratéxico 2. Economía Azul&Diversificación
Fomento da economía azul nas zonas pesqueiras e acuícolas mediante o apoio a diversificación dentro e fóra do sector da pesca comercial, a apredizaxe permanente e a creación de emprego nas zonas pesqueiras e acuícolas.
2.4. Racionalización na oferta de aloxamento turístico e mellora da inclusión.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)

