
O proxecto consite na rehbilitación do almacén adosado polo norte da vivenda da antiga Fábrica de Curtidos da Chainza, edificio que responde á tipoloxía da arquitectura preindustrial do século XIX que antigamente se utilizaba como adega na planta baixa e alamacén no piso superior, para darlle un novo uso como centro multiusos para a creatividade artística e a cultura urbana destinado a mozos complementando ó albergue que e instalará nunha das edificacións da parte traseira da parcela. O emprazamento desta factoría aberta escolleuse pola súa proximidade ao novo albergue, situado a tan só a 25 metros de distancia na mesma parcela, con acceso común, considerándose como un complemento do mesmo e acentuando aínda máis o carácter aberto do mesmo.
Algunha das disciplinas urbanas que se traballarán serán o breakdance, graffiti, parkour, beatboxe, turntablism Dj, slackline, rap, skimboard, etc, podéndose adaptar esta única planta a calquera delas.
O centro que se pretende, responde a unha necesidade latente na localidade que contra con catro centros de secundaria e dous de bacharelato que acollen en torno a uns catrocentos mozos. O obxectivo que se persegue non debe ser un centro de actividades ao uso, senón unha factoría aberta de contidos e creatividade orientada a estimular e ambicionar a estes rapaces, que atenda ás súas necesidades e inquedanzas, facéndoos ao mesmo tempo participativos na xestión do propio espazo.
Estamos ante un proxecto de interese colectivo para o territorio, non só para os beneficiarios directos que serán mozos e mozas para a poboación en xeral, o coidado e a dinamización da nosa xuventude debe ser sempre unha premisa a ter en conta para a sociedade do noso mañá.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
-O principal obxectivo é crear un espazo multidisciplinar aberto para a mocidade da vila, no que se sinta identificada, e poida sentir o seu Flow
-Fomentar a súa creatividade, dándolles a oportunidade de desenvolver distintos roles na xestion do seu espazo.
-Contribuír a canalizar o protagonismo e capacidade de liderado dos mozos e mozas e a xerar unha visión positiva da mocidade no seu ámbito territorial.
-Mellorar o atractivo do territorio para as novas xeracións, dando opción de realizar actividades que actualmente triunfan da súa banda de idade.
-Promover actividades e modelos de lecer saudables.
-Reforzar a Noia como referente cultural.
Contribuír a mitigar unha das debilidades detectadas no ámbito territorial do Galp Costa Sostible, como é falla de espazos atractivos para a mocidade.
-Crear unha factoría de contidos aberta, diversa e inclusiva.
- Procurar a autoxestion da factoría a través do voluntariado xuvenil.
-Fomentar o asociacionismo xuvenil e a consolidación de grupos informais para a participación en distintos programas ou proxectos doutras entidades institucionais.
-Converterse nun centro de referencia e nun lugar de acollemento para a nosa mocidade.
-Lograr a retroalimentación entre esta factoría aberta e o albergue de peregrinos sito no mesmo complexo fabril no que respecta á mocidade.
-Rehabilitar unha edificación en desuso dentro dun complexo de marcado carácter patrimonial e etnográfico.
-Proxección exterior de Noia nos eidos das distintas modalidades creativas e deportivas; mellora da competitividade da nosa mocidade e fomento do intercambio con outras comunidades.
Un programa de actividades aberto e versátil que atenda ás necesidades demandadas pola mocidade, non se trata dun centro de actividades extraescolares, senón dun lugar de acollemento para os nosos mozos, aberto a expresar a súa creatividade e a práctica de disciplinas que lle permitan desfrutar do seu tempo de ocio sen a necesidade de desprazarse da vila.
Explotaranse os novos valores da cultura, incluíndo a relación arte-tecnoloxía, tratando de que os mozos/as mostren a súa creatividade cos medios adaptados á súa forma de vida, polo que as tecnoloxías estarán presentes nesta factoría.
Poñerase en marcha un programa de voluntariado que facilite a participación da mocidade no desenvolvemento das actividades do complexo.
Exemplos das actividades a desenvolver
-Obradoiros de cinema con móbiles, sendo a Mostra de curtametraxes da localidade o escaparate idóneo para dar a coñecer estes resultados.
-Realización de obradoiros de murais e grafitis nos que dando renda solta á creatividade, tratarán de plasmarse a identidade mariñeira da vila.
-Iniciativas de emprego e emprendemento a través de obradoiros de talento mozo, atraendo a persoeiros de referencia para este colectivo, a contar a súa experiencia dende o ámbito profesional e a súa experiencia persoal proporcionando unha visión máis ampla do futuro.
Obxectivo estratéxico 4. Cultura & Benestar
Fomento do benestar social e do patrimonio cultural das zonas pesqueiras e acuícolas, incluíndo o patrimonio cultural pesqueiro, acuícola e marítimo
4.1.Impulso dos servizos contra o despoboamento: conciliación, atención á dependencia e xuventude.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)

