
Este proxecto, promovido polo Club de Piragüismo Illa de Arousa en colaboración coa Cofradía de Pescadores de A Illa de Arousa, busca fortalecer a gobernanza local mediante a modernización da xestión deportiva e a promoción da actividade física adaptada ás necesidades dos mariscadores e pescadores. A iniciativa aposta pola cooperación entre entidades locais, facilitando unha maior eficiencia na xestión do club, unha mellor atención aos seus usuarios e unha sinerxía directa co sector pesqueiro para mellorar a calidade de vida dos profesionais do mar.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
- Optimizar a xestión administrativa do club mediante unha APP innovadora.
- Mellorar a condición física dos mariscadores e pescadores a través de adestramentos adaptados e charlas con técnicos deportivos.
- Previr lesións laborais mediante a compensación biomecánica que ofrece o piragüismo.
- Incentivar a práctica do deporte e hábitos saudables na comunidade.
- Promover a sostibilidade ambiental mediante unha mobilidade sostible e unha actividade sen impacto no medio mariño
- Aumento da participación no club, con especial atención á incorporación de máis mulleres. O obxectivo é reducir a brecha de xénero, pasando do 25% actual de mulleres socias a un mínimo do 35%.
- Implantación dunha APP dixital que mellorará a xestión interna e facilitará o acceso a programas de adestramento personalizados.
- Redución do risco de lesións nos mariscadores e pescadores, grazas aos programas de compensación muscular e adestramento adaptado.
- Impulso da práctica deportiva nos centros educativos, facilitando a iniciación ao piragüismo a novos usuarios.
- Uso sostible do material adquirido, garantindo o impacto a longo prazo do proxecto.
O proxecto estrutúrase en catro liñas de actuación principais, cada unha delas deseñada para mellorar a gobernanza, modernizar a xestión do club e fomentar a actividade física adaptada ás necesidades dos profesionais do mar.
1.Desenvolvemento da APP de xestión e seguimento deportivo
2. Programas de adestramento para mariscadores e pescadores
3.Accións educativas e promoción do piragüismo na comunidade
4.Adquisición de material para a execución do proxecto
Mellorar a coordinación e a colaboración entre as entidades do sector pesqueiro e outros organismos e institucións da Ría de Arousa
Accións que fomenten a participación do sector pesqueiro con outras entidades e institucións da zona pesqueira, e fomenten a súa apertura a novos ámbitos
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)

