Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Conectando comunidades: Innovación e saúde no Club Piragüismo Illa de Arousa

Este proxecto, promovido polo Club de Piragüismo Illa de Arousa en colaboración coa Cofradía de Pescadores de A Illa de Arousa, busca fortalecer a gobernanza local mediante a modernización da xestión deportiva e a promoción da actividade física adaptada ás necesidades dos mariscadores e pescadores. A iniciativa aposta pola cooperación entre entidades locais, facilitando unha maior eficiencia na xestión do club, unha mellor atención aos seus usuarios e unha sinerxía directa co sector pesqueiro para mellorar a calidade de vida dos profesionais do mar.

Datos xerais
Acrónimo: 
-
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
CLUB DE PIRAGÜISMO DA ILLA DE AROUSA + COFRADÍA DE PESCADORES DA ILLA DE AROUSA
Datos de interese: 
https://www.piraguismoilladearousa.com/ http://www.cofradiailladearousa.org/
Perfil empresarial: 
ASOCIACIÓN + COFRADÍA DE PESCADORES
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
Orde do 12 de febreiro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas aos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP) n
Convocatoria - ano: 
2025
Data de aprobación: 
01/08/2025
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
14
Anualidades: 
2
Data fin de execución: 
31/10/2026
Ámbito de aplicación: 

Illa de Arousa

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
73.660,72
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
73.618,72
Total axuda pública aprobada (€): 
73.618,72
% Subvención: 
100
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
51.533,10
FEMP (%): 
70
CA (€): 
22.085,62
CA (%): 
30
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
-
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
-
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
-
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 

- Optimizar a xestión administrativa do club mediante unha APP innovadora.

- Mellorar a condición física dos mariscadores e pescadores a través de adestramentos adaptados e charlas con técnicos deportivos.

- Previr lesións laborais mediante a compensación biomecánica que ofrece o piragüismo.

- Incentivar a práctica do deporte e hábitos saudables na comunidade.

- Promover a sostibilidade ambiental mediante unha mobilidade sostible e unha actividade sen impacto no medio mariño

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 

- Aumento da participación no club, con especial atención á incorporación de máis mulleres. O obxectivo é reducir a brecha de xénero, pasando do 25% actual de mulleres socias a un mínimo do 35%.

- Implantación dunha APP dixital que mellorará a xestión interna e facilitará o acceso a programas de adestramento personalizados.

- Redución do risco de lesións nos mariscadores e pescadores, grazas aos programas de compensación muscular e adestramento adaptado.

- Impulso da práctica deportiva nos centros educativos, facilitando a iniciación ao piragüismo a novos usuarios.

- Uso sostible do material adquirido, garantindo o impacto a longo prazo do proxecto.

Principais actividades do proxecto: 

O proxecto estrutúrase en catro liñas de actuación principais, cada unha delas deseñada para mellorar a gobernanza, modernizar a xestión do club e fomentar a actividade física adaptada ás necesidades dos profesionais do mar.

1.Desenvolvemento da APP de xestión e seguimento deportivo

2. Programas de adestramento para mariscadores e pescadores

3.Accións educativas e promoción do piragüismo na comunidade

4.Adquisición de material para a execución do proxecto

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

Mellorar a coordinación e a colaboración entre as entidades do sector pesqueiro e outros organismos e institucións da Ría de Arousa

Obxectivo específico da EDLP: 

Accións que fomenten a participación do sector pesqueiro con outras entidades e institucións da zona pesqueira, e fomenten a súa apertura a novos ámbitos

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)